C2 Galego EOI 2025-2026

Ortografía

Acentuación

O acento gráfico en galego ten tres funcións principais:

  1. Indicar cal é a sílaba tónica, segundo as regras xerais de acentuación.
  2. Marcar a existencia de hiato, cando dúas vogais en contacto pertencen a sílabas distintas.
  3. Diferenciar palabras, mediante o acento diacrítico.
1. Regras xerais de acentuación
1. Regras xerais de acentuación
Tipo de palabra Sílaba tónica Levan acento gráfico cando... Exemplos
Agudas A maior intensidade recae na última sílaba. Acentúanse cando rematan en vogal, en -n, en -s ou no grupo -ns. iraquí, bantú, bebé, irmán, corazón, paspallás, revés, paspáns, reféns.
Graves A maior intensidade recae na penúltima sílaba. Acentúanse cando rematan en consoante distinta de -n ou -s, ou en grupos consonánticos que non funcionan como terminación regular. váter, carácter, cráter, alférez, Pérez, cáliz, fósil, túnel, caníbal, fórceps, pícnics, tórax.
Esdrúxulas A maior intensidade recae na antepenúltima sílaba. Acentúanse sempre. lámpada, cóbado, tépedo, frigorífico, óptimo, néboa.
2. Excepcións e casos especiais
2. Excepcións e casos especiais
Caso Norma Exemplos
Agudas rematadas en ditongo decrecente As palabras agudas rematadas en ditongo decrecente, seguido ou non de -s, non levan acento gráfico. nacionais, papeis, bocois, Sarreaus, xudeus, bacallau, amarei, colleu, vicerrei, pregou.
Monosílabos As palabras dunha soa sílaba non se acentúan, agás cando levan acento diacrítico. sol, mar, ra, pa, can, po.
Graves rematadas en ditongo decrecente As palabras graves rematadas en ditongo decrecente seguido ou non de -s acentúanse. Na práctica, isto afecta especialmente formas en -beis, plural de palabras rematadas en -bel. amábel / amábeis, móbel / móbeis, incríbel / incríbeis, preferíbel / preferíbeis.
3. Ditongo e hiato
3. Ditongo e hiato
Tipo Explicación Exemplos
Hiato con vogal pechada tónica Se a vogal tónica é i ou u, escríbese acento gráfico para marcar que non forma ditongo coa vogal aberta. lúa, avaría, río, oído, país, moído, saúdo, transeúnte.
Ditongo sen acento Se as vogais forman ditongo e non cómpre marcar hiato, non se escribe acento por esta razón. pais ‘proxenitores’, coiro, raudo, feudo.
Contacto iu / ui Cando as dúas vogais son pechadas, considérase ditongo se a intensidade recae na primeira vogal. Se a intensidade recae na segunda, hai hiato e acentúase a vogal tónica. Ditongo: partiu, azuis, viviu, puido.
Hiato: viúva, muíño, suízo, ruído, Luís, distribuír.

O acento para marcar o hiato

Cando unha vogal aberta (a, e, o) e unha vogal pechada (i, u) están en contacto, pero a maior intensidade recae na vogal pechada, colócase acento sobre esta vogal para indicar que hai hiato.

Isto quere dicir que as dúas vogais pertencen a sílabas diferentes.

4. O acento diacrítico

O acento diacrítico serve para diferenciar palabras que se escriben igual ou case igual, mais que teñen significado ou función gramatical distinta.

Na maior parte dos casos, cando a diferenza é entre vogal aberta e vogal pechada, acentúase a forma con vogal aberta.

4. Acento diacrítico
Sen acento Con acento diacrítico
a: artigo, pronome ou preposición; as: artigo ou pronome.á / ás: contracción de a + a/as; tamén substantivo.
besta: egua; animal de carga.bésta: arma.
bola: peza de pan.bóla: obxecto esférico.
ca / cas: conxunción ou preposición.cá / cás: contracción de ca + a/as.
co / cos: contracción de con + o/os.có / cós: contracción de ca + o/os.
cha / chas: contracción de che + a/as.chá / chás: plana / planas.
compre / compren: merque / merquen.cómpre / cómpren: é necesario / son necesarios.
da / das: contracción de de + a/as.dá / dás: presente do verbo dar.
e: conxunción.é: presente do verbo ser.
fora: pluscuamperfecto dos verbos ser ou ir.fóra: adverbio, ‘no exterior’.
ma / mas: contracción de me + a/as.má / más: ruín / ruíns.
mais: conxunción.máis: adverbio, contrario de menos.
no / nos: contracción de en + o/os.nó / nós: substantivo, ‘lazo’ / ‘lazos’.
nos / vos: pronomes persoais átonos.nós / vós: pronomes persoais tónicos.
oso: animal.óso: parte do esqueleto.
pe / te: nomes das letras.pé / té: extremidade / infusión.
pola / polas: pita nova; contracción de por + a/as.póla / pólas: parte da árbore.
por: preposición.pór: verbo, ‘poñer’.
presa: de auga; prendida; presada.présa: apuro.
se: conxunción condicional ou pronome.: sede eclesiástica; imperativo do verbo ser.
so: preposición, ‘debaixo de’.: sen compañía; soamente.
ven: presente de ver en 3.ª persoa plural; imperativo de vir.vén: presente de vir en 3.ª persoa singular.
ves: presente de ver en 2.ª persoa singular.vés: presente de vir en 2.ª persoa singular.
5. Outros casos especiais de acentuación

Ademais das regras xerais de acentuación, cómpre ter en conta algúns casos especiais.

5. Outros casos especiais de acentuación
Caso Norma Exemplos
Verbo + pronome enclítico Cando un verbo leva pronomes enclíticos, a forma resultante compórtase, para a acentuación, coma se fose unha soa palabra. recibíraa = recibira + a
fixéronllela = fixeron + lles + a
Verbo + segunda forma do artigo As combinacións coas formas -lo, -la, -los, -las tamén se acentúan coma se formasen unha soa palabra. bebéra-la auga = beberas + -la
Formas con acento diacrítico + pronome As formas verbais que levan acento diacrítico mantéñeno cando van seguidas dun pronome átono. élle, éa
dáo, dáme, dálle
pórnos, pórlle
Interrogativos e exclamativos Os pronomes e adverbios interrogativos ou exclamativos que, quen, cal, onde, cando, como e canto non se acentúan de maneira xeral, nin en interrogativas directas nin indirectas. Que queres?
Cando vés?
Que desgraza!
Pregúntalle cando volverá.
Interrogativos con ambigüidade Só se acentúan excepcionalmente cando é necesario evitar unha ambigüidade. Eu xa sei qué hai. = sei o que hai
Eu xa sei que hai. = sei que si hai
Palabras compostas soldadas Nas palabras compostas xa soldadas sen guión, o primeiro elemento non mantén o acento gráfico. Riotorto
fervellasverzas
balonmán
Compostos con guión Nas palabras compostas unidas por guión, cada elemento mantén o seu acento gráfico se lle corresponde. teórico-práctico
inglés-galego
oés-noroeste
Adverbios en -mente Os adverbios rematados en -mente non levan acento gráfico, pois son palabras graves rematadas en vogal. comicamente
comunmente
inutilmente
Adverbios en -mente coordinados Cando aparecen varios adverbios coordinados, a terminación -mente só se expresa no último; os anteriores conservan o acento que lles corresponda como adxectivos. cómoda e facilmente
6. Estranxeirismos e latinismos

As palabras tomadas doutras linguas seguen, cando están adaptadas ao uso común, as regras xerais de acentuación do galego.

6. Estranxeirismos, latinismos e plurais especiais
Tipo Criterio Exemplos
Estranxeirismos agudos Seguen as regras xerais das palabras agudas. ballet, vermú
Estranxeirismos graves Seguen as regras xerais das palabras graves. chasis, rímmel
Estranxeirismos esdrúxulos Acentúanse sempre. hándicap, párkinson
Plurais agudos con consoante + s As palabras agudas só se acentúan se rematan en -ns. Se rematan noutros grupos consonánticos + s, non levan acento. anoraks, croissants, tarots
Plurais graves con consoante + s As palabras graves acentúanse se rematan en calquera grupo consonántico distinto de -ns. módems, córners, bíceps
pero dolmens
7. Palabras de acentuación problemática

Algunhas palabras presentan dúbidas frecuentes porque non coinciden sempre coas formas equivalentes doutras linguas ou porque a súa sílaba tónica non resulta evidente.

7. Palabras de acentuación problemática
Agudas Graves Esdrúxulas
  • alfil
  • chofer
  • cepelín
  • popurrí
  • quefir
  • radar
  • sonar
  • acne
  • albumina
  • argon
  • arquidiocese
  • ástur
  • atmosfera
  • bérber
  • celtibero
  • ciclope
  • conclave
  • cuadriga
  • elite
  • hemiplexía, paraplexía, tetraplexía
  • heroe
  • karate
  • lígur
  • medula
  • mísil
  • neon
  • parasito
  • paxaro
  • pelicano
  • pénsil
  • pentecoste
  • prénsil
  • réptil
  • támil
  • téxtil
  • traquea
  • vertixe
  • xermolo
  • aerólito
  • alvéolo
  • amálgama
  • anódino
  • auréola
  • bronquíolo
  • cardíaco
  • cóengo
  • décatlon, tríatlon, péntatlon
  • eléctrodo
  • electrólito
  • endócrino
  • espécime
  • gladíolo
  • isóbara
  • óboe
  • olimpíada
  • período
  • perístilo
  • petróglifo
  • rícino
  • rubéola
  • térmite
  • termóstato
  • xeróglifo
  • xílgaro
Resumo final acentuación

Os signos de puntuación

Os signos de puntuación serven para organizar o texto escrito, marcar pausas, indicar relacións entre ideas e representar determinadas entoacións da fala. Este apartado pertence á ortografía, aínda que tamén se relaciona coa expresión escrita e coa organización sintáctica do discurso.

Resumo dos signos de puntuación
Signo Uso principal Exemplo Atención
Coma
,
Indica unha pausa breve dentro da oración. Úsase en enumeracións, incisos, vocativos, inversións da orde lóxica e elisións verbais. Xoán, o irmán de Cristina, volveu onte.
Pénsao ben, Carme.
Non separa suxeito e predicado.
Punto e coma
;
Marca unha pausa media. Úsase en enumeracións complexas, proposicións xustapostas e diante de certos conectores en oracións longas. O neno, eufórico, saltou e berrou; o seu equipo acababa de marcar un gol. É máis forte ca a coma e máis débil ca o punto.
Dous puntos
:
Introducen citas, enumeracións, saúdos de cartas ou explicacións de causa, consecuencia ou conclusión. Entón el dixo: «Voume, que é tarde».
Querida amiga:
Anuncian o que vén despois.
Punto
.
Indica unha pausa forte. Pode ser punto e seguido, punto e á parte ou punto final. O Arsenal fichou un dianteiro galego. Este xogador foi un dos máximos goleadores. Despois do punto escríbese maiúscula.
Puntos suspensivos
...
Indican interrupción, dúbida, suspense, enumeración aberta, palabra omitida ou eliminación nunha cita. Non sei... Xa veremos.
Manuel Rivas, Suso de Toro, Xosé Carlos Caneiro...
Despois deles non se escribe outro punto.
Interrogación
?
Marca o final dunha pregunta. O signo inicial ¿ pode usarse para facilitar a lectura ou evitar ambigüidades. Cando volves?
Eu quedo, ¿ou queres que marche?
Despois de ? non se escribe punto.
Exclamación
!
Marca o final dunha exclamación. O signo inicial ¡ pode empregarse para facilitar a lectura. Que sorpresa!
Calade xa!!
Pode duplicarse para reforzar a expresividade.

1. A coma [,]

A coma indica unha pausa breve dentro dunha oración.

Úsase a coma

  1. Para separar os elementos dunha enumeración, agás os que van unidos por conxuncións como e ou ou.

    • O barco trouxo hoxe fanecas, xurelos, sardiñas, douradas e robalizas.
  2. Para introducir aclaracións ou incisos.

    • Xoán, o irmán de Cristina, volveu onte da súa viaxe.
  3. Cando se inverte a orde lóxica da oración.

    • Aos trece anos, meu avó marchou para a Arxentina.
  4. Para indicar que se omitiu ou suprimiu un verbo.

    • Eu teño vinte e dous anos; Mónica, dezanove.
  5. Para separar o vocativo, é dicir, o nome da persoa á que nos diriximos.

    • Pénsao ben, Carme, que é unha decisión moi difícil.
  6. Para separar lugar e data, ou números enteiros e decimais.

    • A Coruña, 28 de decembro de 2005.
    • Custa 3,25 euros.
  7. En ocasións, para marcar unha pausa antes, e ás veces despois, dalgunhas conxuncións ou conectores: pero, mais, non obstante, aínda así, polo tanto, daquela, porque, aínda que...

    • Xa aforrei doce euros, aínda así, non teño suficiente para mercar ese DVD.

Nunca se usa coma

Non se usa coma para separar o suxeito e o predicado.

2. O punto e coma [;]

O punto e coma indica unha pausa de duración media, maior ca a da coma e menor ca a do punto.

Úsase o punto e coma

  1. Para separar elementos dunha enumeración cando dentro deles xa hai algunha coma.

    • Esta é a aliñación: de porteira Xoana; na defensa Clara, Lucía, Neves e Iria; na media Paula, Ana, Marta e Inés; na dianteira Carme e Tareixa.
  2. Para separar proposicións xustapostas, especialmente cando nelas xa se usou a coma.

    • O neno, eufórico, saltou e berrou; o seu equipo acababa de marcar un gol.
  3. Diante de conxuncións ou conectores como non obstante, mais, pero, en cambio, así que, polo tanto, daquela..., especialmente en oracións longas.

    • Os xogadores preparáronse intensamente durante todo o mes; non obstante, os resultados non foron os que o adestrador agardaba.

3. Os dous puntos [:]

Os dous puntos indican unha pausa semellante á do punto e anuncian unha información que vén despois.

Úsanse os dous puntos

  1. Para introducir ou citar textualmente as palabras de alguén.

    • Entón el dixo: «Voume, que é tarde».
  2. Para dar comezo a unha enumeración.

    • As provincias galegas son: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.
  3. No encabezamento ou saúdo das cartas.

    • Querida amiga:
  4. Para introducir a causa, consecuencia ou conclusión do que se acaba de dicir.

    • Medroume moito o pelo: teño que ir cortalo.

4. O punto [.]

O punto indica unha pausa forte na lectura. Despois de calquera clase de punto escríbese maiúscula.

Tipos de punto

Exemplo:

O Arsenal de Londres acaba de fichar o dianteiro galego Xurxo Bouza. Este xogador foi, na última tempada, un dos máximos goleadores das ligas europeas.

Segundo o seu novo adestrador, todos confían en que o club londiniense acade grandes éxitos coa contribución da nova fichaxe.

5. Os puntos suspensivos [...]

Os puntos suspensivos serven para indicar que unha oración queda interrompida ou en suspenso.

Úsanse os puntos suspensivos

  1. Para interromper unha oración expresando temor, dúbida, reticencia, intriga ou emoción.

    • Non sei... Non sei... Xa veremos.
  2. Para indicar que unha enumeración está incompleta ou queda aberta.

    • Os principais escritores galegos firmaron ese manifesto: Manuel Rivas, Suso de Toro, Xosé Carlos Caneiro...
  3. Para indicar que se evita unha palabra malsonante.

    • Non te quero ver diante. Vai á m...!
  4. Para sinalar a eliminación de parte dun texto que se cita, normalmente entre parénteses.

    • Que din os rumorosos (...) ao raio transparente do prácido luar?

Despois dos puntos suspensivos

Despois dos puntos suspensivos pódese escribir calquera outro signo de puntuación, agás o punto.

6. Os signos de interrogación [?] e exclamación [!]

Os signos de interrogación e exclamación empréganse na escrita para marcar a entoación interrogativa ou exclamativa.

Interrogación

Úsase o signo de interrogación para marcar onde remata unha pregunta.

Exclamación

Úsase o signo de exclamación para marcar onde remata unha exclamación.

Usos especiais
  1. Para facilitar a lectura e evitar ambigüidades, pódese marcar o inicio da pregunta ou da exclamación cos signos ¿ ou ¡.

    • Eu quedo, ¿ou queres que marche?
    • ¿Eu quedo, ou queres que marche?
  2. Se se suceden varias preguntas ou exclamacións, poden separarse por comas. Neste caso, só a primeira comeza por maiúscula.

    • Onde estabamos?, que sitio estraño era aquel?, a onde nos levaran?
  3. Se se consideran elementos independentes, non levan comas e cada oración comeza con maiúscula.

    • Onde estabamos? Que sitio estraño era aquel? A onde nos levaran?
  4. Despois do signo de interrogación ou exclamación non se escribe punto.

  5. O signo de interrogación entre parénteses pode indicar dúbida sobre un dato.

    • Ese escritor emigrou a Cuba en 1912 (?)
  6. O signo de exclamación pode duplicarse para reforzar a expresividade.

    • Calade xa!!
Práctica: erros frecuentes
Forma incorrecta ou mellorable Forma corrixida
Ei, Xurxo!. Agarda por min! Ei, Xurxo! Agarda por min!
Calade!, Quero durmir! Calade! Quero durmir!
A quen elixo? a Xurxo? a Carme? A quen elixo? A Xurxo? A Carme?
Tamén podería puntuarse como serie dependente: A quen elixo?, a Xurxo?, a Carme?
*Os alumnos, fan o exame. Os alumnos fan o exame.

Resumo final puntuación

  1. Coma: pausa breve, incisos, enumeracións, vocativos e elisións.
  2. Punto e coma: pausa media, útil en oracións longas ou enumeracións complexas.
  3. Dous puntos: introducen citas, enumeracións, saúdos ou explicacións.
  4. Punto: pausa forte; organiza oracións, parágrafos e final de texto.
  5. Puntos suspensivos: suspensión, interrupción, enumeración aberta ou omisión.
  6. Interrogación e exclamación: marcan a entoación interrogativa ou exclamativa; despois deles non se escribe punto.

Grupos consonánticos problemáticos: l / r

En galego hai palabras que presentan dúbidas entre os grupos consonánticos con l e con r: bl/br, cl/cr, fl/fr, gl/gr, pl/pr.

Cómpre evitar tanto a castelanización como as falsas formas diferencialistas. Nalgúns casos a forma galega leva r; noutros, conserva l. A mellor estratexia é fixarse nas familias léxicas e nos contrastes máis frecuentes.

Formas con r

Grupo Palabras principais Derivadas ou observacións
cr cravo, escravo, recruta, almiscre cravar, cravuñar; escravitude, escravismo, escravizar; recrutar, recrutamento; almiscrar.
br branco, brando, obriga brancura, branqueo; abrandar; obrigar, obrigatorio, obrigado.
br brandir, brasón, diabro, dobre, nobre, anubrar, sabre brandido, brandimento; brasonar, brasonado; dobrez, dobregar, dobraxe; nobreza, enobrecer; anubrado; sabrazo.
fr fraco, frouxo, frauta, frete, frecha, chifre, chafrán fraqueza; afrouxar; frautista, frautín, afrautado; fretar, fretaxe; frechazo, frecheiro; chifrar; chafranada.
gr igrexa, regra, singrar, xograr igrexeiro; regrado; singradura; xograresa, xograría, xograresco.
pr preamar, praia, praza, pregar desprazar, desprazamento, emprazar; pregaria, pregante; pregue, pregado.
pr pracer, praga, prancha, prata, prato, prazo, preito apracible, compracer, desapracible, pracenteiro; pratear, prateado, prateiro, pratería; pratada; aprazar, aprazable; preitear, preiteante.
pr cumprir, emprego, sopro cumprido, cumpridor, cumprimento, cumprimentar; empregar, empregado; soprar, soprador, sopramocos, soprete, soprido.

Formas con l

Grupo Palabras principais Observacións
cl enclave, clamor, clase Mantense o grupo con l.
bl blusa Mantense o grupo con l.
fl flor Tamén: flores.
gl glorieta, gladíolo Mantense o grupo gl.
pl planta, platino, plácido Tamén: placidez, plácidamente.
pl suplente, suplir Mantense o grupo pl.

Contrastes útiles

Forma con r Forma con l relacionada ou contrastiva
cravo, cravar enclave
nobre, nobreza, enobrecer nobiliario
regra, regrado regular, regulamento
pracer, pracenteiro plácido, placidez, plácidamente
prata, prateiro, pratería platino

Exemplos de uso

Uso de b e v

Uso de B e V

En galego, a oposición entre b e v é fundamentalmente ortográfica. Na pronuncia común non adoita haber diferenza clara entre estes sons, polo que cómpre fixarse na escrita correcta de cada palabra e nas súas familias léxicas.

Palabras con V
Palabra Definición
devesaTerreo cercado poboado de árbores autóctonas.
vernizEspecie de pintura transparente para dar brillo.
ervellaChícharo; semente redondeada e verde comestible.
CristovoNome propio; por exemplo, o do patrón dos viaxeiros.
vinchocaVulto que se forma na pel por unha queimadura ou rozadura.
esvararDeslizarse no chan, por exemplo sobre unha casca de plátano.
caveiraParte do esqueleto correspondente á cabeza.
eivaTara física ou psíquica; impedimento, traba.
caravelFlor protagonista da Revolución de Abril portuguesa.
avogadoPersoa defensora dunha das partes nun xuízo.
esveltoDelgado e ben proporcionado.
gravarCopiar un disco ou rexistrar son ou imaxe.
gravataTira de tea que, anoada ao pescozo, serve de adorno.
pavillónEdificio cunha utilidade específica, por exemplo deportiva.
veludoTecido suave.
varrerLimpar o chan cunha vasoira.
ouvearBerrar o lobo ou o can.
voitreAve que se alimenta de carroña.
xovencaVaca nova.
covardeQue non ten valentía.
devezoDesexo moi forte dunha cousa; ambición.
cavilarMatinar, pensar.
escaravelloInsecto coleóptero; por exemplo, o da pataca.
chuvascoPrecipitación intensa e abundante.
devalarMinguar un líquido, a marea, a lúa etc.
viruxeVento maino e frío.
vodaCasamento.
canavalTerreo poboado de canas.
cavorcoDepresión profunda do terreo.
enxivaCarne que cobre a raíz dos dentes.
escarvarRemover a terra ou calquera outra cousa.
vermelloNome dunha cor; encarnado.
verzaCol fundamental no caldo galego.
trevoPlanta; os de catro follas dan sorte.
Palabras con B
Palabra Definición
gabiaCanle á beira dos camiños para que corra a auga.
bolboretaInsecto con dous pares de ás de vistosas cores.
abeláFroito seco, ingrediente principal da crema de cacao.
cotobeloÓso sobresaínte do corpo; por exemplo, o do cóbado.
albanelTraballador da construción.
gabiánAve de rapina diúrna de rabo longo.
probetaRecipiente de laboratorio; hoxe hai nenos que nacen dunha destas.
baleiroContrario de cheo.
pebidaSemente dalgunhas froitas.
BiscaiaProvincia de Euskadi.
beiraLado ou bordo; aos dous lados da estrada ou da rúa.
marabillaCousa ou suceso extraordinario, admirable.
sarabiarCaer auga conxelada do ceo.
XabierNome propio masculino.
rebentarEstalar, estoupar.
polboAnimal mariño con moitos brazos.
cascabelObxecto sonoro; o que lle querían poñer os ratos ao gato.
bafoAire quente que se expira pola boca.
de baldeGratis, sen custo.
gabarEloxiar, mostrar admiración por alguén.
cobizaDesexo moi forte dunha cousa; ambición.
móbilTeléfono portátil.

En galego, a oposición entre b e v é fundamentalmente ortográfica, xa que na pronuncia común non adoita haber diferenza clara entre estes dous sons. Por iso cómpre memorizar a escrita das palabras e atender ás súas familias léxicas.

Algunhas palabras frecuentes escríbense con v:

Con v Exemplos
Léxico común devesa, verniz, ervella, esvarar, caveira, eiva, avogado, esvelto, gravar, gravata, varrer, ouvear, xovenca, covarde, devezo, cavilar, chuvasco, devalar, viruxe, voda, verza, trevo

Outras palabras frecuentes escríbense con b:

Con b Exemplos
Léxico común gabia, bolboreta, abelá, cotobelo, albanel, gabián, probeta, baleiro, pebida, Biscaia, beira, marabilla, sarabiar, Xabier, rebentar, polbo, cascabel, bafo, de balde, gabar, cobiza, móbil

Cómpre prestar especial atención ás palabras que poden confundirse por influencia doutras linguas ou pola pronuncia: avogado, varrer, voitre, vermello, mais bolboreta, marabilla, polbo ou móbil.

Uso de h

Uso do H

O h en galego é unha letra muda cando aparece como grafema independente: non se pronuncia. Cómpre distinguir estes casos das palabras que non levan h muda e daquelas en que aparece o dígrafo ch, onde o h forma parte dun son diferente.

Palabra Definición
Palabras con H inicial muda
húmidoLixeiramente mollado.
helmoPeza da cabeza da armadura.
huleTea pintada impermeable, que pode usarse como mantel.
hedraPlanta trepadora.
HenriqueNome propio masculino.
hamacaRede para descansar colgada de dúas árbores.
hándicapCircunstancia ou situación desvantaxosa.
hangarLugar grande para gardar avións ou outras cousas.
herdeiroReceptor dos bens dunha persoa que morreu.
harmoníaConcordancia de pareceres, sons, cores etc.
HelenaNome propio feminino; por exemplo, Helena de Troia.
harpíaMuller mala e entremetida.
haxixSubstancia alucinóxena para fumar.
heroePersoa famosa polas súas fazañas e virtudes.
hóspedePersoa que se aloxa na casa doutra.
hostilQue se manifesta como inimigo.
huchaArca grande para gardar roupa.
hullaCarbón mineral.
hunoPobo de Atila.
huríMuller belísima do paraíso islámico.
Palabras con H interior muda
milhomesMatón; home pequeno que intimida os demais.
cacahueteFroito seco; alimento asociado aos monos.
inhaladorAparello usado para aspirar un líquido polo nariz.
desinhibidaPersoa extrovertida e espontánea, sen reservas.
menhirMonumento megalítico.
vehemenciaForza, ardor impetuoso.
vehículoAutomóbil.
moherLa das ovellas de Angora.
anhelarDesexar algo moi intensamente. Tamén: arelar.
Palabras sen H muda
arpaInstrumento musical de corda que se toca coa man.
achaAnaco de madeira pequeno para queimar.
encherOcupar todo un espazo; por exemplo, os ollos de bágoas.
exuberanteMoi abundante, referido á vexetación ou a outros elementos.
ervellaChícharo; semente redondeada e verde comestible.
impoContracción do diafragma que pasa cun susto.
inflarEncher de aire algo para que aumente, como un globo.
maionesa / maonesaSalsa que acompaña a ensalada rusa.
ovoPóñeno as pitas.
orfoSen pais.
proídoPicor, escozor.
truánPreguiceiro.
orchataBebida estival de chufas.
illaTerreo rodeado de auga por todas as partes.
alcaioteIntermediario nas citas amorosas.
vaíñaFunda para certas armas.
incharAumentar o volume dunha cousa.
ocoBaleiro, sen nada dentro.
ermidaCapela situada nun lugar solitario.
ermoTerreo deserto ou estéril.
irtoRíxido, teso.
ombreiroParte do corpo onde empeza o brazo.
ósoCada unha das partes do esqueleto.
úmeroÓso longo entre o cóbado e o ombreiro.
urdirArgallar, tramar con moito segredo.

O h en galego é unha letra muda, é dicir, non se pronuncia. Por iso a súa presenza ou ausencia depende da tradición gráfica e da etimoloxía da palabra. Non se pode deducir sempre pola pronuncia, polo que cómpre fixarse na forma correcta das palabras.

Algunhas palabras levan h inicial:

Con h Exemplos
Léxico común húmido, helmo, hule, hedra, Henrique, hamaca, hándicap, hangar, herdeiro, harmonía, haxix, heroe, hóspede, hostil, hucha, hulla, huno, hurí

Outras palabras non levan h, aínda que poida haber dúbidas:

Sen h Exemplos
Léxico común arpa, encher, exuberante, ervella, impo, inflar, maionesa, ovo, orfo, proído, truán, orchata, illa, alcaiote, vaíña, inchar, oco, ermida, ermo, irto, ombreiro, óso, úmero, urdir

Tamén aparecen palabras con h interior, como inhala­dor, desinhibida, vehemencia, vehículo, menhir, moher ou anhelar. Convén lembrar que o feito de escribirse con h non modifica a pronuncia.

Uso de x, s, ll e i

O x pode representar en galego dous sons diferentes: o son fricativo prepalatal xordo /ʃ/, como en caixa ou xeira, e tamén o grupo /ks/ en moitas palabras cultas, como texto, exceso, anexo, conexo ou convexo.

Cómpre prestar atención a tres grupos de dúbidas frecuentes:

X ou S
Caso Criterio Exemplos
Prefixos ex- e extra- Escríbense con x as palabras formadas cos prefixos ex- e extra-. exaltar, excelente, excursión, éxito, exterior, externo, extraer, extravagante, exuberante.
Formas populares con s Algunhas palabras moi populares perderon o son /ks/ e escríbense con s. bisesto, escavar, escavación, escavadora, escusa, escusar, escusado, escusábel, espremer, espremedora, espremedura, estranxeiro, estranxeiría, estranxeirismo, estraño, estrañeza, estrañar, estrañamento, estender.
Familia de estender A forma común é estender, mais mantense x nas formas cultas da mesma familia. estender, pero extensión, extenso, extensamente.
Palabras con es- non prefixal Moitas palabras comezan por es- sen estaren formadas polos prefixos ex- ou extra-; por iso escríbense con s. esdrúxulo, estupendo, espléndido, esplendor, escándalo, escarmentar, escarvar, escéptico, escrúpulos, espreitar, esófago, escaldar, espectador, espectro, escordar, escindir, espontánea, estrita.
Palabras con dobre x Nas palabras simples en que aparecerían dous x intervocálicos con valores diferentes, pode substituírse o que representa /ks/ por s para evitar confusións. exixir / esixir; exaxerar / esaxerar; oxíxeno / osíxeno.
Cando se mantén x Non se aplica a substitución anterior nos prefixos ex- seguidos de consoante nin en compostos ou derivados en que debe manterse o grupo etimolóxico. lexicoloxía, sexoloxía, sexaxenario.
Pares con S ou X segundo o significado
Con S Significado Con X Significado
espiarObservar sen ser visto.expiarPagar unha culpa ou delito.
esternoÓso do peito.externoPertencente á parte de fóra.
estremarLindar.extremarLevar ao extremo; esaxerar.
esotéricoOculto, reservado.exotéricoComún, coñecido por todos.
lasoCanso.laxoFrouxo, relaxado.
Outras palabras con X
Palabra Definición ou pista
bixuteríaAdorno que imita unha xoia, pero sen valor.
cornixaSaliente dun edificio.
lixiviaLíquido branco desinfectante.
solfexoTécnica para ler un texto musical.
taxaPrezo fixado dunha cousa.
xastrePersoa que corta ou fai traxes.
graxaSubstancia untuosa; sucidade graxa.
cervexaBebida feita con cebada.
xarampónSarampelo.
xordaPersoa que non oe.
X ou LL

É un castelanismo rexeitable empregar x no canto de ll en moitas palabras. O feito de que o son da letra castelá j se corresponda ás veces co x galego non significa que esa correspondencia sexa automática.

Forma correcta con LL Definición, pista ou observación
alleo / alleaQue pertence a outra persoa; non propio.
alleamentoAcción ou efecto de allear ou allearse.
coelloAnimal lagomorfo.
colleitaRecollida dos froitos ou produtos agrícolas.
concelloMunicipio ou institución municipal.
concelleiroMembro dunha corporación municipal.
conselloRecomendación ou órgano consultivo.
conselleiroMembro dun goberno ou persoa que aconsella.
espelloSuperficie en que se reflicte a imaxe.
migallaAnaco pequeno, especialmente de pan.
orellaParte externa do órgano auditivo.
parellaConxunto de dúas persoas, animais ou cousas.
tallarCortar ou dar forma.
talladaPorción cortada.
trebelloAparello, utensilio ou obxecto.
encrucilladaCruce de camiños.
estropalloEsparto ou utensilio para fregar a louza.
antolloCapricho, especialmente da muller preñada.
gargalladaRisada estridente e prolongada.
sortellaAnel.
agasalloRegalo, obsequio.
aguillónPuga que teñen as abellas no abdome.
zaragalladaMestura de cousas moi diferentes.
aparelladorArquitecto técnico.
acubilloLugar protexido das inclemencias.
barallaConxunto de naipes.
burbullasSaen cando botamos xabón na auga.
callarSolidificarse un líquido, como o leite.
caravillaPeza que serve para tensar as cordas da guitarra.
cascalloPedra miúda para construír muros.
guedellaMata de pelo desamañada.
cellaPelo que protexe os ollos.
cerralleiroPersoa que coloca ou arranxa pechaduras.
escaravelloInsecto coleóptero; praga da pataca.
lentellaLegume con moito ferro.
masillaMasa que se emprega na construción.
moellaParte do estómago das aves.
mortallaLenzo no que se envolve un cadáver.
ollalAbertura na roupa pola que se mete o botón.
olleirasMarcas debaixo dos ollos por cansazo ou falta de sono.
pelexoPel dun animal ou dunha persoa.
colgalloAnaco de tea que colga.
partillaCada unha das divisións dunha herdanza.
asemellar / asemellarseParecerse unha persoa ou cousa a outra.
X ou I

Algunhas palabras presentan x e non i. Escribilas con i pode ser unha falsa correspondencia co castelán.

Con X Con I
abxección, adxacente, conxuntura, cónxuxe, dexección, disxunción, enxesar, exacular, inxección, maxestático, pexorativo, proxectil, proxecto, subxacente, subxugante, traxecto, xacer, xacemento, xema, xeso, xota, xugular, xustapoñer. iac, ianqui, iarda, iate, ien, iemení, iodo, ioga, iogur, ioió, iota, iuca, iugoslavo/a.

Esquema final

Dúbida Idea clave
x / s Escríbese x en moitas palabras cultas e nos prefixos ex- e extra-, mais hai palabras populares con s: escusa, espremer, estraño.
s / x con distinto significado A grafía pode mudar o significado: espiar / expiar, esterno / externo.
x / ll Debe evitarse o castelanismo que substitúe ll por x: coello, concello, espello, parella.
x / i Moitas palabras cultas levan x e non i: adxacente, cónxuxe, inxección, proxecto.

O -l- e o -n- intervocálicos

En galego-portugués perdéronse historicamente moitos -l- e -n- intervocálicos. Por iso, no galego actual hai numerosas palabras patrimoniais que xa non conservan esas consoantes: saír, voar, lagoa, colmea, abelá etc.

Porén, moitas palabras cultas, semicultas ou incorporadas máis tarde á lingua si conservan o l ou o n intervocálicos: sala, abandonar, escena, emocionar, organismo, zona etc.

Esta diferenza explica a existencia de familias léxicas irregulares e de pares léxicos: palabras que proceden da mesma orixe, mais que evolucionaron de maneira distinta na forma e, ás veces, tamén no significado.

Perda de -L- e -N- intervocálicos
Fenómeno Exemplo ou pista Forma galega
Perda de -L- intervocálico Ave rapaz diúrna, por exemplo a imperial aguia
Liñaxeavoengo
Filtrar un líquido, por exemplo o leitecoar
Maseira onde comen os cochospía
Peixe de río cuxas crías son moi apreciadasanguía
Emblema dos piratascaveira
Ave rapaz diúrna máis pequena ca a aguiagabián
Desconfianzareceo
Perda de -N- intervocálico Elemento defensivo que remata as torres amea
Abrochar os botónsabotoar
Pasar un cordónacordoar
Facer de charónacharoar
Plantación de algodónalgodoal
Hemorroidesamorrá
Anuncio de que se vai causar malameaza
Reprender, por exemplo o árbitro a un xogadoramoestar
Facer montónsamontoar
Premer a terra cun pisónapisoar
Lanzar un arpónarpoar
Cereal co que no Reino Unido fan galletasavea
Inmenso mamífero mariñobalea
Conxunto de eloscadea
Persoa que axuda a nacer os nenoscomadroa
Cereal moi desprestixiado antanocenteo
Persoa que vende colchónscolchoeiro
Aldraxar de palabradeostar
Incluír no padrónempadroar
Pequena baíaenseada
Aplicar xabónenxaboar
Primeira función teatralestrea
Desaparecer no aireesvaecerse
Pedal para parar o cochefreo
Conceder un galardóngalardoar
Conceder o perdónperdoar
Outras formas con perda de -N- intervocálico
Forma Significado ou pista
lacoadaEnchente de lacón.
latoeiroPersoa que traballa co latón.
pregoarDicir o pregón.
raAnfibio feminino.
razoarAplicar a razón.
sotoParte subterránea da casa.
terreoCacho de terra; por exemplo, campo ou terreo de xogo.
vaidadePresunción, fachenda, vangloria.

Palabras que conservan -l- ou -n- intervocálicos

Moitas palabras conservan o l ou o n intervocálicos porque son cultas, semicultas ou entraron na lingua cando xa non operaba o proceso fonético de perda destas consoantes.

Formas que conservan -L- ou -N- intervocálicos
Exemplos
sala, abandonar, acondicionar, apaixonar, balconada, cancioneiro, centena, condena e derivados, decena, emocionar, escena, escenario, fregona, lambonada, matrona, organismo, pasional, prisioneiro, taponar, tronar, zona.

Pares léxicos

Os pares léxicos son palabras emparentadas historicamente, mais con evolución diferente. A forma patrimonial adoita perder o l ou o n intervocálicos; a culta ou semiculta adoita conservalos.

Pares léxicos
Forma patrimonial Significado Forma culta ou semiculta Significado
aboarPagar.abonarseInscribirse.
luarLuz da lúa.lunarMancha; relativo á lúa.
sabasTeas entre as que durmimos.sabanaPlanicie herbácea tropical.
sereaPersonaxe mitolóxico.serenaTranquila.
sereaPersonaxe mitolóxico.sirenaBucina.
xeralComún.xeneralMilitar.
acantoarPoñer nun canto.acantonarSituar as tropas nun lugar.

Formas patrimoniais e cultas case intercambiábeis

Ás veces a forma patrimonial e a forma culta son próximas no significado, mais tenden a especializarse: unha pode usarse máis como adxectivo e outra como substantivo.

Formas patrimoniais e cultas próximas
Forma patrimonial Forma culta ou semiculta
(sobre)saínte: adxectivo e substantivo.(sobre)saliente: adxectivo e substantivo.
voante: adxectivo.volante: substantivo.
vixiante: adxectivo.vixilante: adxectivo e substantivo.

Familias léxicas irregulares con n ou sen n

Familias léxicas irregulares: con N ou sen N
Formas populares ou patrimoniais Formas cultas ou semicultas
area, areeiro, areal, areúdo, areentoarena ‘circo’, arenífero, arenícola
campá, campaíñacampanario, campaneiro, campaniforme, acampanado
cardeal, cardealadocardinalicio, cardinal
cea, cearcenáculo
coroa, coroar, coroación, coroamentocoronario, coronal
doar, doazón, doante, doadordonativo, donatario
lúa, luada, aluado, luar, luaradalunar, lunario, lunático, lunatismo
lume, lumazo, alumear = alumar, lumieira, lumeiro, lumeiraluminoso, luminosidade, luminaria, iluminar, iluminación, iluminado
moeda, moedeiro, portamoedasmonetario
orde, contraorde, desordeordenar, ordenanza, desordenado
persoa, persoal, impersoal, persoeiropersonificar, personificación, personalizar, personaxe
soar, resoar, consoanteresonancia, sonoro, sonoridade, sonorizar, asonante, consonante
tebrastenebroso, tenebrismo
ton, toada, entoar, entoaciónátono, tónico, tonal, tonalidade, sintonía
vea, vear, veadovenal, venoso, intravenosa
xerar, xerador, xeración, xeral, xeratrizxeneralizar, xenerativo, xeneralización

Familias léxicas irregulares con l ou sen l

Familias léxicas irregulares: con L ou sen L
Formas populares ou patrimoniais Formas cultas ou semicultas
áala, alado
anxo, arcanxoanxélico, anxelical
candea, candeeirocandeloria, candelabro
ceoceleste
cor, corarcolor, colorante, colorear, coloración, colorete
evanxeoevanxélico, evanxelista, evanxelizar
dor, dorido, doente, doenzadolor, doloroso, indoloro, indolencia, indolente, condolencia
moamolar, premolar
papaleta, paletada
saír, saída, saínte, sobresaíntesaliente, sobresaliente, salientar
saúde, saudábelsalubre
, soa, soidadesolo, solista, solitario, soliloquio
veovelar, revelar, desvelar
vixía, vixiante, vixiarvixilia, vixilancia, vixilante —adxectivo e substantivo—
voar, voo, voantevolante, volátil, volatilizar
vontadevoluntario, voluntarioso/a, voluntariado
xeo, xear, xeado, xeadaconxelar, conxelación, conxelador, xélido
**Esquema final**
Cuestión Idea clave
Perda de -l- intervocálico Moitas palabras patrimoniais perderon o l: saír, voar, coar, aguia.
Perda de -n- intervocálico Moitas palabras patrimoniais perderon o n: lagoa, abelá, cadea, balea, freo.
Conservación de -l- e -n- As palabras cultas, semicultas ou incorporadas máis tarde adoitan conservalos: sala, escena, emocionar, zona.
Familias irregulares Nunha mesma familia pode haber formas patrimoniais e cultas: lúa / lunar, dor / doloroso, ceo / celeste.
Pares léxicos A forma patrimonial e a culta poden diferenciar significados: xeral / xeneral, luar / lunar, sabas / sabana.

Sufixos e terminacións

No referente aos sufixos e terminacións, o galego adopta solucións propias. Algunhas coinciden co portugués, outras co castelán ou con outras linguas románicas, mais hai casos en que cómpre prestar especial atención para evitar interferencias ou formas pouco recomendables.

1. Terminacións -ble / -bel

As dúas solucións son correctas: -ble e -bel. Porén, cómpre manter a coherencia: se se escolle unha das dúas opcións, debe empregarse de maneira sistemática no texto.

Forma en -ble Forma en -bel Plural
preferiblepreferíbelpreferibles / preferíbeis
realizablerealizábelrealizables / realizábeis
apetecibleapetecíbelapetecibles / apetecíbeis
terribleterríbelterribles / terríbeis
infalibleinfalíbelinfalibles / infalíbeis
variablevariábelvariables / variábeis

Tamén son posíbeis as dúas familias:

Opción con -ble Opción con -bel
establecer, establecemento, restablecer, restablecemento estabelecer, estabelecemento, restabelecer, restabelecemento

2. Terminacións -aría / -ería

As dúas formas son correctas nalgúns casos, mais cómpre dar preferencia a -aría, por ser a solución maioritaria no galego medieval.

Terminación Exemplos
Preferencia por -aría armaría, bruxaría, camisaría, carnizaría, cervexaría, chancelaría, chocolataría, consellaría, enfermaría, enxeñaría, ferraría, gandaría, hostalaría, lavandaría, libraría, moblaría, panadaría, papelaría, pedraría, peixaría, perfumaría, reloxaría, tesouraría, tinturaría, xendarmaría, zapataría.
-ería batería, galería, galantería, mercería.
-aría comisaría, notaría, secretaría, romaría, avaría, confraría.
**3. Terminación _-mento_**

Os substantivos formados co sufixo -mento manteñen a vogal da conxugación do verbo de que proceden.

Conxugación Exemplos
Verbos en -ar-amento acabaracabamento; regularregulamento; pagarpagamento.
Verbos en -er-emento esqueceresquecemento; coñecercoñecemento; renderrendemento.
Verbos en -ir-imento revestirrevestimento; resentirresentimento; pedirpedimento.

4. Terminacións cultas -se, -ite e -te

As terminacións -se, -ite e -te aparecen en palabras cultas procedentes do grego. Son todas de xénero feminino.

Terminación Exemplos
-se análise, antítese, crise, diagnose, diocese, dose, eclipse, elipse, énfase, cirrose, éxtase, hipnose, hipótese, metamorfose, metástase, neurose, paráfrase, paréntese, perífrase, psicose, sinopse, síntese, tese, tuberculose, xénese.
-ite / -te amigdalite, apendicite, artrite, bronquite, conxuntivite, diabete, encefalite, farinxite, gastrite, hepatite, larinxite, meninxite, otite, tendinite.
Outras femininas en -e acrópole, cute, epiderme, metrópole, necrópole, praxe, psique, sintaxe.

Non pertencen a este grupo, malia remataren en -is, palabras como: adonis, clítoris, chasis, chotis, gratis, iris, oasis, maquis, sífilis, tenis.

5. Terminacións -de, -dade, -tade, -edade e -idade

A terminación latina vogal + -tem resólvese en galego como -de.

Terminación Exemplos
-de almude, alude, ataúde, calamidade, céspede, hóspede, laúde, parede, rede, saúde, sede, soidade, verdade, virtude.

O sufixo latino -tatem dá lugar a -dade ou -tade.

Terminación Criterio e exemplos
-tade Aparece en formas como maxestade, potestade, tempestade, vontade.
-dade Aparece despois de vogal: enfermidade, novidade, puridade, realidade. Tamén aparece por outras razóns en trindade, verdade e puberdade.
Casos particulares bobondade; cruelcrueldade; herdoherdade; leallealdade; mortalmortaldade; virxevirxindade; libreliberdade.

As variantes -edade e -idade distribúense así:

Terminación Uso Exemplos
-edade Sobre adxectivos rematados en -io. notoriedade, solidariedade, variedade.
-idade No resto dos casos. capacidade, probabilidade, soidade, novidade.
Excepcións Con -edade malia non seguiren a regra xeral. necidade, sucidade.

6. Terminacións -eo / -eu, -ao / -au e -ea

As terminacións -eo / -eu e -ao / -au presentan diferenza fonética real e non son intercambiábeis.

Terminación Exemplos
-eo ceo, receo, veo, feo, cheo, freo; aéreo, arbóreo, coetáneo, consanguíneo, contemporáneo, corpóreo, curvilíneo, cutáneo, erróneo, espontáneo, mediterráneo, momentáneo, núcleo, óleo, óseo, pétreo, petróleo, purpúreo, rectilíneo, venéreo, violáceo, vítreo; apoxeo, arameo, ateo, camafeo, corifeo, europeo, fariseo, filisteo, hebreo, himeneo, liceo, mausoleo, museo, peritoneo, pigmeo, plebeo, reo, trofeo, xacobeo; tamén fideo e manteo.
-eu eu, xudeu, chapeu, leu, sandeu, meu, teu, seu, romeu, xubileu.
-ao nicolao, pardao, tao, callao, cacao, vao, peirao, grao, pronao, arao.
-au bacallau, pau.
-ea allea, chea, fea, aérea, atea, europea, hebrea, rea; aldea, avea, azotea, balea, cadea, candea, cea, correa, diarrea, idea, lamprea, manchea, melopea, morea, panacea, prea, serea, tea, urea, vea, verborrea; tamén cheminea, librea, marea, platea, polea, ralea.
**7. Terminacións latinas _-us_, _-um_ e adaptación en _-o_**

Algunhas palabras manteñen as terminacións latinas -us e -um, porque non se senten completamente incorporadas á lingua. Outros cultismos, en cambio, adáptanse con -o.

Terminación Exemplos
-us campus, corpus, humus, ómnibus, Venus, virus.
-um álbum, factótum, médium, presídium, parabéllum, súmmum, contínuum, cinefórum, quórum, desiderátum.
Adaptación en -o currículo, espírito, ímpeto, memorando, referendo, tribo.

8. Terminación -e

Rematan en -e moitas palabras patrimoniais e cultismos adaptados sen nasal final.

Grupo Exemplos
Palabras patrimoniais home, virxe, orde, imaxe, chantaxe ‘planta’, feluxe, crime, exame, lume, costume.
Galicismos en -axe chantaxe ‘extorsión’, homenaxe, liñaxe, viaxe.
Cultismos sen nasal final abdome, ditame, exame, nume, réxime, vexame, xerme.
Outras formas sen -n glute, lique, pole, seme.
Excepcións lumen e dolmen.

9. Terminacións -ancia, -encia, -iencia, -uencia, -cia, -cio, -zo, -za, -ción, -sión e -zón

Nas palabras cultas, o galego adoita conservar as terminacións -ancia, -encia, -iencia e -uencia, en coincidencia co portugués e co castelán.

Terminación Exemplos
-anciaabundancia, alternancia, arrogancia, circunstancia, constancia, discordancia, distancia, elegancia, estancia, extravagancia, exuberancia, ganancia, ignorancia, petulancia, redundancia, repugnancia, resonancia, substancia, tolerancia, vixilancia.
-enciaadolescencia, aparencia, ascendencia, descendencia, diverxencia, esixencia, incidencia, independencia, indulxencia, inocencia, intelixencia, presidencia, procedencia, referencia, urxencia, virulencia, vixencia.
-ienciaaudiencia, ciencia, conciencia, consciencia, conveniencia, deficiencia, eficiencia, impaciencia, inconsciencia, inconveniencia, inexperiencia, insuficiencia, obediencia, omnisciencia, paciencia, proveniencia, sapiencia, subconsciencia, suficiencia.
-uenciaafluencia, confluencia, consecuencia, delincuencia, grandilocuencia, incongruencia, inconsecuencia, influencia, secuencia.
Tamén son frecuentes as terminacións **_-cia_** e **_-cio_**.
Terminación Exemplos
-cia acacia, audacia, avaricia, contumacia, delicia, eficacia, falacia, farmacia, ictericia, impericia, inmundicia, malicia, milicia, noticia, pericia, perspicacia, pertinacia, suspicacia, Galicia.
-cio anuncio, artificio, beneficio, bulicio, cartapacio, cilicio, comercio, consorcio, desperdicio, divorcio, edificio, exercicio, ficticio, hospicio, maleficio, necio, negocio, oficio, orificio, palacio, precipicio, propicio, sacerdocio, sacrificio, silencio, socio, vicio, xentilicio.

A forma Galicia é a denominación oficial do país e a maioritaria na expresión oral e escrita moderna. Galiza tamén é unha forma lexitimamente galega, documentada na época medieval e recuperada no galego contemporáneo.

Nalgunhas palabras, o galego conserva formas coincidentes co portugués e diferentes do castelán.

Terminación Forma Significado ou derivados
-zoandazoProliferación de algo non desexado.
cansazoDiminución da forza a causa dunha actividade ou dun esforzo.
espazoExtensión alén da atmosfera onde están os astros. Derivados: espazar, espazoso.
prezoO que custa algo. Derivados: desprezo, menosprezo, prezar, desprezar.
servizoAcción e efecto de servir. Derivado: servizal.
xuízoAcción xudicial para resolver un asunto. Derivados: axuizar, prexuízo.
-zaavenzaAcción e efecto de avirse; acordo.
cobizaDesexo moi forte dunha cousa. Derivados: cobizar, cobizoso/a, cobizábel.
novizo/aPersoa que está a proba nun convento.
crenzaIdea que alguén ten sobre algo en que cre. Derivado: descrenza.
diferenzaAquilo que distingue unha cousa doutra. Derivado: indiferenza. Pero: diferenciar.
doenzaEnfermidade.
grazaCalidade da persoa ou cousa que fai rir. Derivado: desgraza. Pero: gracioso, graciar, graciábel.
licenzaPermiso ou autorización. Pero: licenciar, licenciado.
nacenzaNacemento. Derivado: renacenza.
perseveranzaCalidade do que persevera.
presenzaFeito de estar presente.
querenzaInclinación afectiva cara a algo ou alguén. Derivados: benquerenza, malquerenza.
sentenzaDecisión dun xuíz sobre un caso.
tenzaPosesión. Derivado: mantenza.
terzoTerceira parte. Derivados: terza, terzá, terzar.
xustizaPrincipio moral; calidade de xusto. Derivados: axustizar, inxustiza, xusticeiro.
habenzaConxunto de gando miúdo propiedade dun ou varios veciños.

Cómpre distinguir estes pares:

Par Diferenza
estanza / estancia Estanza significa ‘estrofa’; estancia significa ‘cuarto’ ou ‘estadía’.
pertenza / pertinencia Pertenza é o dereito á propiedade dunha cousa; pertinencia é a calidade de pertinente.

Nas palabras cultas mantéñense -ción e -sión.

Terminación Exemplos
-ción acción, admiración, aliteración, atención, bendición, beizón, canción, disolución, edición, educación, emigración, emoción, indicación, lección, manipulación, nación, vacación.
-sión admisión, concesión, confesión, división, evasión, invasión, lesión, previsión, revisión, televisión, versión.
-zón patrimonial razón, sazón, doazón, torzón, traizón.

10. Terminación -nte

A terminación -nte permite formar adxectivos ou substantivos sobre a base dun verbo.

Base verbal Resultado Exemplos
Verbos da 1.ª conxugación Mantense a vogal a. cantarcantante; camiñarcamiñante; viaxarviaxante; estudarestudante.
Verbos da 2.ª conxugación Mantense a vogal e. valervalente; crercrente; nacernacente; crecercrecente.
Verbos da 3.ª conxugación O resultado non é uniforme; moitos son cultismos. maldicente, producente, incidente, transixente, lucente, escribente, insurxente, influente, vivente, consecuente.
Formas con -iente Moitas proceden directamente do latín. expediente, conveniente, proveniente, interveniente, nutriente, recipiente, saliente, sobresaliente.
Formas con -ínte / -inte Afectan só a algúns verbos. concluínte, contribuínte, saínte, seguinte, conseguinte, oínte ou ouvinte, constituínte, reconstituínte.
Formas patrimoniais específicas Sobre durmir e servir. dormente e servente.

11. Terminacións -iño / -iña e -ino / -ina

Nas palabras patrimoniais, a terminación latina -inum / -inam deu en galego -iño / -iña, que é tamén a forma típica do diminutivo. En cambio, os préstamos e cultismos adoitan conservar -ino / -ina.

Terminación Exemplos
-iño / -iña andoriña, campiña, casiña, campesiño, comiño, mariña, mariño, menciña, pequeniño, pergamiño, veciño, mesquiño.
-ino / -ina albino, anilina, anxina, aquilino, asasino, aspirina, bencina, bizantino, bobina, bovino, brillantina, buguina, canino, cantina, capuchino, carabina, cartolina, casino, clandestino, cocaína, codeína, coralino, cortina, cristalino, destino, disciplina, divino, doutrina, ensino, escarlatina, esquina, estricnina, estudantina, felino, feminino, gabardina, gasolina, glicerina, granadino, guillotina, heroína, interino, intestino, ladino, latino, mandolina, margarina, masculino, matutino, medicina, morfina, muselina, nicotina, nitroglicerina, oficina, ondina, palatino, parafina, penicilina, peregrino, piscina, plastilina, porcino, propina, proteína, rabino, repentino, resina, retina, ruína, sacarina, sibilino, sonatina, submarino, supino, taurino, toxina, turbina, ultramarino, vaselina, vespertino, vitamina, vitrina, xacobino, xelatina, xenuíno.
**12. Terminacións _-ero_ / _-era_**

Algunhas palabras rematan en -ero / -era e non en -eiro / -eira.

Forma Significado
calquera Indefinido: non importa cal.
quenquera Indefinido: non importa que persoa.
chistera Sombreiro de copa.
primavera Estación do ano que comeza en marzo.
galera Barco de guerra antigo, de vela ou de remos.
quimera Idea irreal, ilusión.
sincero/a Que di a verdade.

Esquema final de terminacións

Terminación Idea clave
-ble / -bel As dúas son correctas, mais cómpre coherencia: posible / posíbel.
-aría / -ería Prefírese -aría, aínda que hai galicismos modernos só con -ería.
-mento Mantén a vogal da conxugación: pagamento, rendemento, revestimento.
-se, -ite, -te Son femininas en palabras cultas: a análise, a artrite, a diabete.
-dade, -tade, -idade Distribúense segundo a base e a historia da palabra: realidade, vontade, capacidade.
-eo / -eu, -ao / -au Non son intercambiábeis: ceo / xudeu, grao / pau.
-us, -um, -o Algúns latinismos conservan -us ou -um; outros adáptanse: currículo, referendo.
-ancia, -encia, -cia, -cio Mantéñense en moitas palabras cultas: abundancia, intelixencia, noticia, negocio.
-zo, -za, -zón Solucións galegas propias: espazo, diferenza, doazón.
-nte Forma adxectivos e substantivos: cantante, crente, contribuínte.
-iño / -ino -iño é patrimonial e diminutivo; -ino aparece en préstamos e cultismos.
-ero / -era Algunhas palabras non levan -eiro: calquera, primavera, sincero.

Numerais: letra, cifra e numeración romana

Escríbense con letra Escríbense con cifra Combínanse letra e cifra
Números do un ao nove e algúns simples superiores a dez: sete páxinas, nove minutos. Cantidades elevadas: 75 000 ou 75.000 habitantes. Millóns e múltiplos: 23 millóns de euros, 5 trillóns.
Numerais ao inicio dun enunciado: Trescentos vinte veciños protestaron... Números de serie: páxina 7, capítulo 3, artigo 12. Documentos legais, cheques ou lotaría: 500 cincocentos euros.
Cantidades aproximadas: máis de tres mil persoas. Anos, idades e datas abreviadas: 1953, 45 anos, 23/07/1974. Datas en documentos formais: Cee, 7 de febreiro de 2010.
Períodos de tempo: vinte e seis horas. Horas dixitais: 16.45 / 16:45.
Décadas: a década de vinte, os anos oitenta. Teléfonos, DNI, códigos postais, porcentaxes, medidas, operacións e fórmulas.
Fraccións e porcentaxes expresadas con palabras: dous terzos, catro por cento. Símbolos: 3 €, 17 km, 7 %, 23 ºC.

Numeración romana

Úsase sobre todo en:

Idea clave

En xeral, úsase letra para cantidades pequenas, aproximadas ou integradas no discurso; úsase cifra para datos exactos, técnicos, seriados ou documentais; e úsase numeración romana en contextos tradicionais, históricos, institucionais ou de ordenación formal.