C2 Galego EOI 2025-2026

Expresión Oral

Quendas oralidade

Aludir a temas ou opinións

Iso (de): Iso de que apracen a viaxe non é xusto; Iso paréceme unha tolaría; Niso non estou de acordo.

Cederlle a quenda a outra persoa
  • Ti, que opinas?
  • E a ti, que che parece?
  • Paréceche ben esta proposta?
  • Ti, como o ves?
  • Que pensas/opinas sobre...?
  • E ti, estás de acordo?
Iniciar unha quenda
  • Eu quero/quería dicir unha cousa...
  • Gustaríame engadir algo...
  • Teño algo que engadir...
  • Eu teño unha proposta...
  • En relación con isto que dixeches...
  • Respecto a iso que acabas de dicir...
Introducir unha opinión persoal
  • Na miña opinión,
  • Para min,
  • Tal como o vexo eu,
  • Estou convencido/a de que...
Dar información sen responsabilizarnos da súa veracidade
  • Segundo din,
  • Din que...
  • Segundo parece,
  • Oín que...
  • Seica...
  • Disque...
Introducir información nova
  • No tocante a...
  • Outro motivo aducido...
  • En relación con...
  • No que se refire a...
  • Respecto de...
  • En canto a...
Engadir argumentos ou insistir
  • No fondo,
  • A verdade é que...
  • O certo é que...
  • Á fin de contas,
Engadir nova información negativa
  • E para cúmulo,
  • E enriba...
  • E por se fose pouco,
  • E o que faltaba,
Resumir ou concluír
  • En resumo,
  • Total, que...
  • En fin, que...
Ordenar a información
  • En primeiro lugar, - Por unha banda, - Por un lado,
  • En segundo lugar, - Por outra banda, - Por outro lado,
  • (E) por último, - E ademais,
Expresar condición
  • ...se...
  • ...só se...
  • ...só se me prometes que...
  • ...só a condición de que...
  • ...a cambio de que...
Expresión de conxetura
  • Supoñer que + Indicativo
  • Quizais / tal vez + Indicativo/Subxuntivo
  • Ao mellor / igual + Indicativo
  • É probable que / é posible que / pode ser que + Subxuntivo
  • O máis seguro / o máis posible é que + Subxuntivo
  • Seguramente / probablemente / posiblemente + Indicativo
  • Seguro que / estou seguro de que + Indicativo
Condicións indispensables
  • Se non...non...
  • Unicamente/soamente...
  • Uso exclusivo...
  • É imprescindible...
  • Necesariamente, temos que...
  • Deben...
Ideas previas ou expectativas
  • Eu cría/pensaba/sabía que...me gustaría/íame gustar/me gustaba...
  • Eu non cría/non pensaba/non sabía que...me gustaría/me ía gustar/me fose gustar/era/fose...
  • Sorprendeume moito que fose...
  • Quedei de pedra con...
  • Defraudoume...
Apoiar/rexeitar unha proposta
  • Eu subscribo/apoio...
  • Eu estou a favor de...
  • Eu véxoo coma ti.
  • Eu non subscribo/apoio...
  • Eu estou en contra de...
  • Eu non estou a favor de...
  • Eu non o vexo coma ti.

Fonética

Recomendacións de pronuncia

Este apartado recolle recomendacións de fonética e oralidade para mellorar a pronuncia en galego, especialmente en contextos formais ou de aprendizaxe avanzada. Aínda que algunhas cuestións teñen reflexo na escrita, o contido pertence sobre todo á pronuncia: realización de fonemas, vogais abertas e pechadas, contraccións orais, sinalefas, formas propias da fala e variación dialectal.

1. Fonemas e vogais
Aspecto Recomendación Exemplos
Fricativo palatal xordo /ʃ/ Cómpre pronunciar correctamente o son representado habitualmente por x en galego. É semellante ao sh inglés ou ao ch francés.
  • queixo
  • Evitar realizacións como *Chunta de Galicia ou *samón.
X pronunciado /ks/ Ás veces, o grafema x non representa /ʃ/, senón /ks/. anglosaxón, circunflexo, complexidade, complexo, conexo, convexo, exacto, explicación, extremo, prefixo, sufixo, texto.
Nasal velar /ŋ/ Aparece coa grafía nh en poucas palabras, mais é moi común na fala porque moitos -n finais se pronuncian como nasal velar diante de vogal.
  • unha, algunha, ningunha
  • un avión → [unhavión]
  • con ovo → [conhovo]
  • ten auga → [tenhauga]
Excepcións: n alveolar En certos contextos, o -n final realízase como /n/ alveolar e non como /ŋ/ velar. ben, nin, non, quen, alguén, ninguén, tamén + o, a, os, as pronome átono.
non hai → /noŋ'ai/
non o hai → /nono'ai/
Vogais abertas e pechadas O galego ten sete vogais: ademais de a, i, u, distingue dous tipos de e e dous tipos de o. e aberto: terra, fera, néboa, papel
e pechado: pera, teso, parede, tres
o aberto: tórax, control, próximo, óptimo
o pechado: lobo, pozo, amor, once
Acento diacrítico Hai pares de palabras que só se distinguen pola abertura vocálica, marcada na escrita mediante o acento diacrítico. présa ‘apuro’ / presa ‘de auga’
óso ‘esqueleto’ / oso ‘animal’
2. Contraccións, sinalefas e fala encadeada
Fenómeno Explicación Exemplos
Contraccións escritas Deben pronunciarse como contraccións todas aquelas que xa aparecen representadas na escrita. cunha, non *con unha
nalgúns, non *en algúns
doutras, non *de outras
Contracción ao Pode escribirse ao ou ó, aínda que se recomenda a forma ao. Na fala, a pronuncia correcta é con o aberto: /ɔ/. Vou ao mercado → pronúnciase con /ɔ/.
Outras pronuncias considéranse incorrectas.
Sinalefas As palabras que rematan en -e átona contraen oralmente coa palabra seguinte se esta comeza por vogal. desde aquí → [desdaquí]
entre outros → [entroutros]
colle amorodos → [collamorodos]
de alguén → [dalguén]
Preposición para Na fala, a preposición para adoita reducirse e contraerse co artigo. Escrita: para, para a, para o, para as, para os
Oral: [pra], [prá], [pró], [prás], [prós]
3. Segunda forma do artigo
Forma Uso preferente Exemplo
Primeira forma: o, a, os, as É a forma preferida na escrita. Todos os rapaces van ir ao pavillón correr a primeira e mais a segunda carreira.
Segunda forma: lo, la, los, las É frecuente e correcta na fala. Tódolos rapaces van ir ó pavillón corre-la primeira e maila segunda carreira.
4. Numerais: pronuncia das decenas con e
Forma escrita Pronuncia recomendada Evitar
vinte e tres [vintEtrés] *[vintatrés]
trinta e catro [trintEcatro] *[trintaecatro]
corenta e seis [korentEséis] *[korentaeséis]
sesenta e cinco [sesentEzínko] *[sesentaicinco]
5. Outras recomendacións e recursos
Aspecto Indicación
Gheada e seseo Son realizacións fonéticas propias do galego e considéranse correctas na fala.
Dialectalismos Formas como iste, nosoutros ou irmao non se consideran incorrectas na fala, aínda que nun contexto ultraformal convén evitalas en favor da comunicación.
Recursos
  • Fernández Rei, Elisa, coord.: AMPER-Galicia. Instituto da Lingua Galega.
  • Regueira Fernández, Xosé Luís, dir.: Dicionario de pronuncia da lingua galega. Instituto da Lingua Galega.
n velar/alveolar
O N VELAR [ŋ] / O N ALVEOLAR [n]
N velar
– nh- interior intervocálico: algunha
– n final (ante pausa): Mira o camión.
– n final seguido de vogal:
con ela un amigo
– n (interior ou final) seguido de
consoante velar, alveolar ou nasal:

cunca un garfo
N alveolar
n- inicial: nave
–n– interior intervocálico Ana
–n final de non, sen, quen, nin, ben,
alguén, ninguén, tamén + o, a, os, as

(pronome persoal)
tamén o sei ben o vexo
non as vin quen o dixo?
(co -n final dos verbos é tradicional a
pronuncia alveolar, mais a mudanza
lingüística tende en favor da velar)

Vogais medias abertas e pechadas: e / o

En galego é importante distinguir entre as vogais medias abertas e pechadas:

Esta diferenza pode servir para distinguir palabras, formas verbais e mesmo significados. Por exemplo:

A abertura ou peche destas vogais depende de diferentes factores: a evolución histórica da palabra, certas terminacións, a estrutura culta da palabra, a conxugación verbal e algúns contextos fonéticos.

Criterios xerais: vogais abertas e pechadas
Vogal Procedencia ou criterio xeral Exemplos
E aberto
/ɛ/
Adoita proceder de ĕ breve ou de ae tónicos latinos. dez, terra, ceo, cego, présa.
E pechado
/e/
Adoita proceder de ǐ breve, ē longo ou oe latinos. negro, mercé, pena.
O aberto
/ɔ/
Adoita proceder de ŏ breve tónico latino. Tamén pode aparecer por crase con outro o final tras a perda de n ou l intervocálicos. porta, sorte, , , po.
O pechado
/o/
Adoita proceder de ǔ breve e de ō longo latinos. cóbado, todo, torre.
Terminacións frecuentes
Vogal Terminación Exemplos
E aberto -el, -eis, -eles papel / papeis, fel / feis, cruel / crueis, chuchamel.
-el- en xeral feltro, felpa.
-ela, -elo cadela, vela, rela, cadelo, castelo.
A metafonía pode pechar o e nalgúns casos.
-enza, -encio, -encia ciencia, pertenza, silencio, conciencia, presenza, sentenza.
E pechado -és, -esa lugués / lugesa, cortés, coruñés.
-edo abeledo, penedo, carballedo, viñedo.
-eza nobreza, riqueza, beleza.
-ello, -ella orella, pendello, botella, parella.
-eo seo, freo, reo, alleo.
Pero: ceo, con e aberto.
O aberto -ol, -ois, -oles español / españois, mol / moles, farol / farois, caracol / caracois, cartafol / cartafoles.
-oz, -oces voz / voces, noz / noces, feroz / feroces.
O pechado -ón don, acción, papón, cabezón.
-oso curioso, fermosa, poderoso, perigoso.
-or dor, cor, amor, calor, valor.
Pero: mor, como en mordomo ou altar-mor.
-oa por perda de -n- intervocálico boa, coroa, soa.
Cultismos e contextos fonéticos
Vogal Contexto Exemplos
E aberto e + oclusiva, especialmente c ou x técnica, sexto, texto, réplica, léxico, século.
e en palabras esdrúxulas médico, célebre, ética, réxime, xénero, teléfono.
Tamén en patrimoniais: néboa, brétema.
e + sílaba rematada en ditongo crecente criterio, improperio, modestia, serie, ministerio.
Tamén en patrimoniais: recua, egua. Pero: femia, premio, medio.
O aberto o + oclusiva, especialmente b, p ou c optar, óptimo, copia, próximo, código.
o en palabras esdrúxulas código, horóscopo, lóxico, próximo, cómodo, económico.
Tamén algunhas patrimoniais: lóstrego.
o + sílaba rematada en ditongo crecente ocio, odio, socio, negocio, custodia.
Tamén en patrimoniais: croio, lobio.
E pechado demostrativos este, ese, aquel.
Na zona occidental, aquela pode presentar vogal aberta.
e + consoante palatal, especialmente x, ll, ñ, ch empeño, pecho, consello, coello, espello.
Pero: vello, teñen, rexe.
nomes das letras pe, be, te, de, efe, eme, ene.
O pechado o + consoante palatal, especialmente ch, x, ll, ñ mollan, acochas, ollo, xoia.
Vogais abertas e pechadas nos verbos
Vogal Contexto verbal Exemplos
E aberto Tema de perfecto de verbos irregulares. veu, viñemos, viñera, viñese, viñer; quixeches, quixeron; houbeches, houbera.
P2, P3 e P6 do presente de indicativo dos verbos da segunda conxugación en -er. metes, mete, meten; temes, teme, temen.
Pero: ver, crer e ler presentan e pechado.
P2, P3 e P6 do presente de indicativo de verbos da terceira conxugación con alternancia vocálica. feres, fere, feren; sentes, sente, senten; tamén servir, mentir, seguir e derivados.
E pechado Verbos da segunda conxugación en -er, agás P2, P3 e P6 do presente de indicativo. temo, tema, tememos, temedes; devezo, devezamos.
Pero: esquecer e quecer presentan vogal aberta.
Infinitivos da segunda conxugación en -er. comer, caer, temer, devecer.
Tema de perfecto dos verbos regulares da segunda conxugación. ardese, ardera, ardeu, ardemos; caeu, caese, caera, caemos.
Verbos en -ear. cear, estrear, pasear, nomear.
O aberto P2, P3 e P6 do presente de indicativo dos verbos da segunda conxugación en -er. moves, move, moven; comes, come, comen.
P2, P3 e P6 do presente de indicativo dos verbos da terceira conxugación con alternancia vocálica. dormes, dorme, dormen; foxes, foxe, foxen; tamén ulir, subir, cubrir, muxir, lucir.
O pechado Verbos da segunda conxugación en -er, agás P2, P3 e P6 do presente de indicativo. coso, cosemos, coser; movo, movemos, mover.
Tema de perfecto dos verbos ser e ir. fose, fora, foi, foron, fomos, fostes.
Infinitivo do verbo pór. pór, pores, pormos.

Pares de especial atención

Nalgúns pares de palabras, a diferenza entre vogal aberta e pechada tamén permite distinguir significados ou formas gramaticais.

Par Diferenza
se / Conxunción ou pronome / sede eclesiástica ou imperativo de ser.
do / Contracción de + o / compaixón ou nota musical.
no / Contracción en + o / lazo.
so / Preposición / ‘sen compañía’ ou ‘soamente’.
ves / vés Presente de ver / presente de vir.
ven / vén Presente de ver ou imperativo de vir / presente de vir.
oso / óso Animal / parte do esqueleto.
pola / póla Contracción ou galiña nova / rama da árbore.
bola / bóla Peza de pan / obxecto esférico.
presa / présa Presa de auga ou prendida / apuro.

Esquema final

Vogal Idea clave
E aberto Frecuente en terra, ceo, terminacións como -el, -ela, -enza, cultismos con e esdrúxulo e certas formas verbais: metes, sentes.
E pechado Frecuente en negro, mercé, sufixos como -és, -edo, -eza, -ello, infinitivos en -er e moitas formas verbais fóra de P2, P3 e P6.
O aberto Frecuente en porta, sorte, , terminacións como -ol e -oz, cultismos como óptimo, lóxico e formas verbais como moves, dormes.
O pechado Frecuente en todo, torre, terminacións como -ón, -oso, -or, formas como boa, coroa e o tema de perfecto de ser e ir: fose, fora.

Exemplos de tarefas orais

Mediación oral vídeo de divulgación científica

Este vídeo divulgativo, publicado na canle de GCiencia en Youtube, procura explicar a diminución dos nacementos en Europa nos últimos 60 anos do punto de vista da fertilidade.

A profesora de xinecoloxia da USC, Efigenia Arias, distingue entre esterilidade (incapacidade para concibir após un ano de relacións frecuentes sen protección) e infertilidade (dificultade para levar a termo a xestación), ambas as doenzas en proporción semellante entre hombres e mulleres.

Alén diso, a peza desmonta mitos como culpabilizar o móbil, as torres eléctricas ou o estrés e rituais como o baño de 9 ondas como a súa solución. Pola contra, salienta que o tabaquismo, o alcohol a obesidade ou a exposición a certos contaminantes son causas probadas segundo a OMS. Amais, a especialista destaca o atraso da maternidade por riba dos 35 anos, a miúdo condicionado por factores socioeconómicos, como a principal causa de infertilidade actual.

Finalmente, recoméndase informar a mocidade sobre isto (idade de fertilidade) alén das ITS/ETS e doutras vías para formaren unha familia.

Mediación + Produción sobre cidades

O texto que lin presenta o modelo urbano desenvolvido en Pontevedra como exemplo dunha cidade pensada para as persoas e, en particular, para a infancia.

Explícase que, desde hai anos, a cidade apostou por devolver o espazo público á cidadanía, limitando a presenza do tráfico rodado. Destácase que, aínda que só unha minoría da poboación se despraza en coche, este ocupaba unha porcentaxe desproporcionada do espazo urbano.

Segundo o autor, ao recuperar as rúas para o uso peonil, créase un ambiente máis acolledor e seguro, especialmente cando as nenas e os nenos volven ocupar o espazo público. O texto adopta un ton claramente eloxioso e reivindicativo, defendendo o modelo de Pontevedra como exportábel a outras vilas, incluso a nivel internacional.


Na miña opinión, o modelo das cidades das nenas e dos nenos supón unha transformación profunda e moi necesaria da maneira de concibirmos o espazo urbano.

Pensar a cidade desde a perspectiva da infancia implica priorizar a seguridade, a convivencia e a calidade de vida, valores que acaban beneficiando ao conxunto da poboación. Para recuperarmos o espazo público como lugar de encontro, é imprescindible reducir o protagonismo do automóbil.

De cara ao futuro, considero probábel que este tipo de modelos se expandan, sobre todo en cidades medias e pequenas. Con todo, para evitarmos rexeitamentos sociais, será fundamental acompañar estas transformacións cunha boa planificación, diálogo coa cidadanía e alternativas reais de mobilidade.

Mediación + Produción sobre casas pasivas

O texto que lin aborda o concepto das chamadas casas pasivas como resposta simultánea á preocupación ambiental e ao aforro enerxético.

Explícase que este tipo de vivendas están deseñadas para minimizar o consumo enerxético ao longo de todo o ano, aplicando principios de deseño bioclimático. Isto implica ter en conta a orientación da vivenda, a radiación solar, as sombras ou o clima da zona, así como empregar materiais de alta calidade, mellorar o illamento térmico e garantir a estanqueidade do aire.

Segundo o texto, grazas a esta concepción construtiva, conséguese manter unha temperatura interior estable e confortable, practicamente sen necesidade de recorrer a sistemas convencionais de calefacción ou aire acondicionado.

O punto de vista do autor é claramente positivo e entusiasta: presenta as casas pasivas como unha solución eficaz, eficiente e desexable, tanto desde unha perspectiva ambiental como económica, sen cuestionar as súas limitacións ou dificultades de implantación.


Persoalmente, considero que o modelo das casas pasivas representa unha liña de futuro moi interesante, aínda que non exenta de retos.

Paréceme especialmente relevante que se aposte por reducir a demanda enerxética desde a propia concepción da vivenda, en vez de centrarse unicamente en sistemas tecnolóxicos correctores. Para avanzarmos cara a un modelo residencial máis sostible, este enfoque resulta fundamental.

Con todo, tamén penso que o custo inicial destas construcións pode supoñer unha barreira de acceso, polo que sería necesario impulsarmos políticas públicas de apoio, tanto en forma de incentivos fiscais como de regulación urbanística.

De cara ao futuro, é previsíbel que, a medida que se xeneralicen estas técnicas construtivas e aumente a conciencia ambiental, as casas pasivas deixen de ser unha excepción para se converteren nun estándar, especialmente nun contexto de crise climática e encarecemento da enerxía.

Os resultados levan directamente ao apartado correspondente.