C2 Galego EOI 2025-2026

Léxico

Fraseoloxía

Fraseoloxía da relixión, das festas e dos ritos
Expresión Significado ou uso Ámbito
O cura de Penela nunca envorcou o carro. Expresión proverbial. Relixión / refrán
Antes de ser cura fun sancristán. Úsase para indicar experiencia previa ou coñecemento dun asunto. Relixión / experiencia
Comer coma un cura / abade. Comer moito ou comer moi ben. Relixión / comida
De levarte o demo, que te leve en coche. Expresión humorística ou irónica. Demo / humor
O que ha de levar o demo pódello á porta. Alude a un destino inevitable ou a unha consecuencia que acaba chegando. Demo / fatalidade
Ser o demo / Ter o demo no corpo / Levado do demo. Ser moi inquedo/a, traveso/a ou actuar con moita intensidade. Demo / carácter
Deus nos libre dun xa foi. Expresión proverbial. Relixión / refrán
Ver a Deus por un buraco. Pasar moita dor, medo ou apuro. Relixión / sufrimento
Andar a gaita pola aldea. Chamar a atención ou ser criticado polos demais. Festa / crítica social
De vello, gaiteiro. Facer cousas de mozo cando se é vello. Festa / idade
Andar como a gaita na festa. Ser todo festa. Festa / comportamento
Parecer / ir feito un entroido. Ir mal vestido. Entroido / aspecto
Facer a festa e botar os foguetes. Rir cos propios chistes ou celebrarse a un mesmo. Festa / autocelebración
Botar un foguete. Celebrar algo que foi difícil de conseguir. Festa / celebración
Estar nas campás e na procesión. Querer estar presente en todos os sitios. Relixión / omnipresenza
A todo porquiño lle chega o seu San Martiño. Todas as cousas teñen o seu final. Festa / refrán

Fraseoloxía: a casa

Expresión Significado
Subiren os bancos ás mesas Mandaren os fillos nos pais; inverterse a autoridade normal.
Pasarlle o sol pola porta a alguén Perder unha oportunidade; non estar xa en idade de casar.
Botalas como lousas Esaxerar moito.
Andar de varanda Andar de xolda, de festa ou de troula.
Non ter leito nin teito Non ter nada; vivir sen recursos.
Non ter eira nin leira nin pau de figueira Non ter nada de seu.
Escornarse contra as paredes Facer un esforzo inutilmente; desesperarse sen resultado.
Dar couces contra as paredes Desesperarse ou esforzarse inutilmente.
O falar non ten cancelas Falar por falar; dicir cousas sen moito control ou sen consecuencias inmediatas.
Quentárselle o forno a alguén Irritarse; empezar a enfadarse.
Alborotar o cortello Alterar ou excitar os ánimos.
Ter moito millo no cabazo Ser rico; ter moitos recursos.
Ser fillo de detrás do palleiro Ser fillo de achego ou ilexítimo.
Facerlle a cama a alguén Preparar en segredo unha trampa, unha vinganza ou unha manobra contra alguén.

Fraseoloxía: a paisaxe natural

Expresión Significado
Ei, carballeira! Chamamento coloquial para chamar a atención de alguén.
Durmir coma un pelouro Durmir profundamente.
Ter unha laxe no peito Sentir unha grande angustia, pena ou opresión.
Saír ao camiño Saír ao encontro de alguén; interceptar ou abordar unha persoa.
Estar de poula Estar sen aproveitar, sen uso ou sen actividade.
Meter os cans na bouza Provocar confusión, conflito ou alboroto.
Saír dun souto para meterse noutro Saír dun problema para entrar noutro semellante.
Sentar o cu na lama Meterse nunha situación difícil ou pouco airosa.
Non ter un pelo que non mereza un coio Ser moi ruín ou merecer castigo.
Tapar o burato Cubrir unha falta, perda, débeda ou necesidade.
Querer sacar a cobra do burato coa man allea Pretender que outra persoa asuma o risco ou faga o traballo perigoso.
Refráns da paisaxe natural
Refrán Significado
Hoxe bouza e mañá seara. Co traballo, algo improdutivo pode chegar a dar froito.
Onde moitos cospen, lama fan. A suma de pequenas accións acaba tendo efecto.
Querer sacar a cobra do burato coa man allea. Querer beneficiarse sen asumir riscos.

Fraseoloxía: o tempo atmosférico

Refráns
Refrán Significado
A auga corrente non mata a xente. A auga que corre considérase menos perigosa ou máis limpa ca a estancada.
Arco da vella a mediodía, chuvia todo o día. O arco da vella ao mediodía anuncia chuvia.
Arco da vella ao anoitecer, bo tempo ao amencer. O arco da vella á tardiña anuncia melloría do tempo.
Abril frío, moito pan e pouco viño. O frío en abril favorece o cereal, mais non tanto a vide.
Cando maio marcea, marzo maiea. Cando maio ten tempo propio de marzo, marzo adoita comportarse como maio.
Ata o corenta de maio non quites o saio. Non convén confiarse co bo tempo antes de mediados de xuño.
En agosto secan os montes, en setembro, as fontes. A seca do final do verán pode prolongarse ata setembro.
Vento de marzo queima a dama no seu pazo. O vento de marzo é frío e intenso mesmo para quen está protexido.
Entroido á raxeira, Pascua á lareira. Se polo Entroido vai sol, pola Pascua pode vir frío.
Nubes na montaña, vellas á cabaña; nubes na ribeira, vellas á leira. Segundo onde aparezan as nubes, anuncian mal ou bo tempo para traballar fóra.
Expresións
Expresión Significado
Xa choveu! Pasou moito tempo desde aquilo.
Dar dente con dente Tremer de frío.
Mandar alguén a ver de que lado vén o vento Mandar alguén a paseo; afastalo ou desentenderse del.
Chover o mexo dun rato Chover moi pouco.
Ter cara de lúa chea Ter a cara redonda ou moi chea.
Nunca chove como trona. As ameazas ou os anuncios adoitan ser peores ca o que finalmente acontece.

Fraseoloxía: o traballo

Ditos e expresións

Expresión Significado
Dar cheda Cooperar no traballo; botar unha man.
Facer as contas sen a forneira Facer proxectos sen base.
Poñer o carro antes dos bois Precipitarse; facer as cousas fóra da orde lóxica.
Custar ferro e fouce / custar ferro e fariña Custar moito esforzo ou traballo.
Ir na fura de adiante Ir con vantaxe; irlle ben as cousas a alguén.
Mentres se capa, non se asubía Non se poden facer dúas cousas á vez.
Ir mallar e vir mallado Saír mal parado; resultar as cousas ao contrario do esperado.
Agora á noite, colle Marica a roca Díselle a quen se acorda tarde de facer algo.
Ter cara de ferreiro Ter cara de enfado ou estar anoxado.
O xeito fai culleres Con tempo, habilidade ou paciencia, mesmo o difícil se dá feito.
Traballo, preguiza e esforzo
Expresión Significado
Fuxir do traballo coma do lume Ser moi preguiceiro; evitar sempre o traballo.
Traballo feito non mete apuro Cómpre facer as cousas canto antes.
Traballar como a vaca do pobre Traballar moito; darse unha boa malleira traballando.
Traballar para o inglés / para o abade / para o conde Traballar de balde ou para proveito alleo.
Traballar para quecer Traballar inutilmente, sen resultado ou sen proveito.

Refráns de oficios

Refrán Significado orientativo
O taberneiro novo fai da taberna o seu tobo. Alude aos riscos da inexperiencia ou do mal uso dun oficio ou negocio.
Cando toma corpo o diaño, vístese de avogado. Refrán crítico coa figura do avogado ou cos preitos.
Alfaiate sen dedal, cose pouco e iso mal. Para traballar ben cómpre ter os medios axeitados.
En casa de ferreiro, coitelo de pau. Ás veces falta na propia casa aquilo que máis se domina profesionalmente.
O vinagre e o limón medio cirurxiáns son. Atribúelles valor curativo ou desinfectante ao vinagre e ao limón.
Cambiarás de muiñeiro, de ladrón non. Expresa desconfianza cara a certos oficios ou prácticas tradicionais.
O escolante Cirolas non sabe ler e quere poñer escola. Critica quen pretende ensinar ou mandar sen ter coñecementos.
Gaiteiro pago nunca ben toca. O traballo feito só por diñeiro pode perder calidade ou interese.
A mellor cociñeira é a aceiteira. O aceite mellora moito a comida.
O bo estudante adianta ao mestre. O alumnado aplicado pode superar a quen o ensina.
Onde o crego canta, alí xanta. Quen desempeña certos oficios recibe sustento onde traballa.
Cada oleiro gaba o seu pucheiro. Cadaquén presume do seu ou defende o que fai.
Co avogado da terra tampouco teñas guerra. Convén evitar conflitos con quen coñece ben o medio e as normas.
O escribán nunca escribe en van. Quen domina a escrita ou a burocracia sempre obtén proveito dela.

Verbos máis precisos

Na redacción formal convén evitar o abuso de verbos moi xerais como facer, botar, poñer, deixar, dar, dicir ou haber. Estes verbos son correctos en moitos contextos, mais ás veces empobrecen a expresión porque substitúen outros máis exactos.

O uso dun verbo máis preciso permite mellorar a claridade, evitar repeticións e expresar con máis exactitude a acción.

Resumo

Verbo impreciso Idea clave
facer Pode substituírse por construír, cociñar, crear, promulgar, cometer, gañar, limpar...
botar Segundo o contexto, pode equivaler a pasar, calcular, servir, despedir, pronunciar, verter, emitir, sementear...
poñer Pode substituírse por instalar, atemorizar, promulgar, investir, impor, colocar, vestir, plantar, aplicar...
deixar Pode equivaler a esquecer, permitir, emprestar, abandonar, ceder, legar, pousar, reservar, xerar...
dar Debe precisarse con verbos como inspirar, infundir, conceder, outorgar, subministrar, alimentar...
dicir Pode mellorarse con recitar, proferir, pronunciar, manifestar, declarar, explicar, expor, citar...
haber A miúdo pode substituírse por florecer, figurar, circular, celebrarse, rexistrarse, existir, concorrer...
Substitucións de facer
Uso impreciso Verbo máis preciso
Foi o avó Raúl quen fixo esta casa.construíu
Fixo peixe e ensalada para a cea.elaborou, cociñou
A xeada desta noite fixo dano nas árbores froiteiras.provocou danos, danou
A pintora que vivía aquí fai cadros hiperrealistas.pinta, crea
Instalaron a fábrica lonxe da vila porque fai moito ruído.emite, produce
Algunhas materias fanse áridas se non se toman con gusto.vólvense, deveñen, resultan
O goberno fixo leis que se fan difíciles de cumprir.promulgou, aprobou
Segundo a prensa, fixo un desfalco cando traballaba no banco.cometeu
É unha cidade grande; eu facíaa máis pequena.imaxinábaa, críaa
A familia fixo moitos cartos na época boa do estraperlo.gañou
Entre unha cousa e outra fixo un total de 300 €.xuntou, conseguiu, gañou, apañou
Teño que facer o baño e a sala e xa podo saír.limpar, preparar
Esa moza fáiseme coñecida.resúltame
Substitucións de botar
Uso impreciso Verbo máis preciso
Botei media hora ollando para o barco.pasei
Cantos anos lle botas á protagonista da película?calculas
Bótoche máis café?sírvocho; evitar *póñoche
Seica o botaron do traballo por irresponsable.despediron
Antes de cear aínda botamos unha partida ao futbolín.disputamos
Esta maceira botou moita froita todos os anos.produciu
Cando lle fixeron a homenaxe, botou un discurso moi emotivo.pronunciou
Botaron viño en todas as copas para brindar polos noivos.serviron, escanciaron
Botou a auga da botella nun caldeiro.verteu; evitar *derramar, *deitar neste contexto
Que colonia botas? Ole moi ben.usas, utilizas, levas
Antes de deitarse bota o seu grolo de licor.bebe, chimpa
Que botan hoxe na televisión?emiten
Para fritir ben o peixe debes botalo en aceite quente.introducilo, mergullalo
Non lle gustou o brinquedo e botouno pola ventá.guindouno, chimpouno
Esta tarde botarei os nabos para termos nabizas en setembro.sementearei
Vaia soneca botaches!durmiches, gozaches
Substitucións de poñer
Uso impreciso Verbo máis preciso
Quen vos puxo as cortinas?instalou
Ponme medo tratar con esa xente.atemorízame, amedréntame, acovárdame
O Parlamento pon as leis.promulga; contrario: abole
O propietario puxo os cartos para botar a andar a sociedade.investiu, colocou
Poñereilles un castigo por marcharen.aplicareilles, imporeilles, inflixireilles
Cómpre distinguir inflixir de infrinxir.
Non estás poñendo atención ao que che digo.prestando
Sempre poño o libro no sitio que lle corresponde.coloco, sitúo
Puxen o chuvasqueiro porque comezou a chover.vestín
Puxestes o diñeiro nun produto seguro?investistes, colocastes
Poño 10 euros a que non vén.aposto, xogo
Puxemos dúas camelias e unha roseira no xardín.plantamos
Sempre que mente ponse colorado.torna, vírase, arroiba, arrubía
Se o sarabullo segue picando, pon máis pomada esta noite.aplica, unta
Sempre se pon preto das cámaras.colócase, sitúase
Substitucións de deixar
Uso impreciso Verbo máis preciso
O neno deixou a mochila na escola.esqueceu
Deixouse e agora ten que seguir un tratamento forte.descoidouse, abandonouse
Non nos deixaron adiantar a entrega do material.permitiron
Déixasme o teu portátil para levar no tren?empréstasme
Aos catorce anos deixou a escola.abandonou
Deixáronlle un sitio porque o viron moi vello.cedéronlle
Un tío avó deixoulle unha herdanza.legoulle
O avó Miguel deixou a familia e marchou facer as Américas.abandonou, separouse de
Este ano non deixou de chover en toda a primavera.parou; tamén escampou, estiñou, segundo o contexto
Deixa as bolsas mentres charlamos.pousa
Deixou o bocado máis rico para o final.reservou, gardou
Ese bar deixa pouca ganancia.produce, xera
Substitucións de dar
Uso impreciso Verbos máis precisos
dar opinións críticasverter
dar mágoainspirar, producir
dar medoprovocar, infundir
dar luzdeitar, arroxar
dar apoioproporcionar
dar un títuloconceder
dar valoroutorgar
dar informaciónsubministrar
dar medidasartellar, argüír
dar esperanzasalimentar, xerar
Substitucións de dicir
Uso impreciso Verbos máis precisos
dicir un poemarecitar, declamar
dicir unha cantidadefixar, marcar; evitar *mandar
dicir unhas palabrasproferir
dicir unhas frasespronunciar
dicir a verdademanifestar, confesar
dicir no xuízodeclarar
dicir os pormenoresexplicar, sinalar, subliñar, remarcar
dicir ideasexpor
dicir algoexpresar, manifestar; non confundir con exprimir
dicir os nomescitar
Substitucións de haber
Uso impreciso Verbo máis preciso
haber unha civilizaciónflorecer
haber xente nun partidomilitar
haber xente nunha listaxefigurar
haber rumorescircular
haber unha festacelebrarse
haber neverexistrarse
haber moitas críticaschover
haber sospeitaslevantarse
haber dúbidasexistir
haber circunstanciasconcorrer

O uso de plantexar

O verbo plantexar é unha adaptación do castelán plantear ou do catalán plantejar. En galego, recoméndase evitar o seu uso abusivo e substituílo por formas máis precisas segundo o contexto.

A escolla dunha alternativa concreta permite unha lingua máis rica e máis exacta. Non sempre hai unha única solución: depende do significado que se queira expresar.

Alternativas frecuentes

Uso que se quere expresar Alternativas recomendables
Presentar unha idea, proposta ou opción propoñer, propor, presentar, formular, suxerir
Facer aparecer unha cuestión ou problema suscitar, provocar, causar, orixinar, levantar
Concibir ou deseñar algo concibir, deseñar, trazar, proxectar, planificar, bosquexar
Formular unha pregunta ou cuestión formular, expoñer, enunciar
Afrontar unha dificultade afrontar, resolver, encarar, atender
Manterse unha situación seguir presente, estar presente, persistir
Poñer algo en dúbida poñer en cuestión, poñer en causa, cuestionar

Exemplos de substitución

Mellor evitar Mellor empregar
Os problemas que ten plantexados hoxe Galicia... Os problemas que ten por resolver hoxe Galicia...
A polémica plantexada sobre... A polémica levantada sobre...
É a cuestión que plantexou máis problemas... É a cuestión que suscitou máis problemas...
O discurso estaba mal plantexado. O discurso estaba mal concibido.
O desafío que ten plantexado esta empresa... A dificultade que debe afrontar esta empresa...
Plantexábanse as primeiras dificultades... Aparecían as primeiras dificultades...
Seguen plantexadas as mesmas discrepancias... Seguen presentes as mesmas discrepancias...
A pregunta plantexada ao Goberno... A pregunta formulada ao Goberno...
A Consellería plantexa como alternativa... A Consellería propón como alternativa...
Nota sobre desafío e reto

As palabras desafío e reto existen en galego, mais convén non abusar delas por influencia do inglés challenge. Segundo o contexto, poden ser máis precisas outras formas:

dificultade, problema, atranco, tarefa, empresa, empeño, obstáculo, proba, exixencia, ameaza, perigo, competencia, rivalidade, estímulo, incentivo, aliciente, tentativa.

Desviacións e interferencias no galego estándar

Na creación e consolidación do galego estándar apareceron diferentes desviacións da norma: unhas por exceso de diferencialismo respecto do castelán, outras por interferencia directa doutras linguas ou por traslado á escrita de formas populares, dialectais ou non normativas.

Cómpre distinguir entre formas propias da fala, que poden ser lexítimas en contextos orais ou dialectais, e formas adecuadas para a lingua estándar escrita.

Desviacións e interferencias no galego estándar
Tipo Descrición Exemplos
Arcaísmos Formas medievais ou antigas que xa non pertencen ao galego estándar actual. *favorescerfavorecer
*tiduotítulo
*capiduocapítulo
Hipergaleguismos ou hiperenxebrismos Formas creadas por reacción diferencialista fronte ao castelán, mais que non son normativas. *ambenteambiente
*destiñodestino
*biletebillete
Vulgarismos Formas propias da fala pouco coidada que non se consideran axeitadas para o estándar escrito. *alunoalumno
*custióncuestión
*verdáverdade
Lusismos innecesarios Palabras tomadas do portugués sen necesidade, cando o galego xa ten forma propia normativa. *voltarvolver
*trutatroita
*isolarillar
*nervosnervios
Dialectalismos Formas propias dunha zona dialectal. Poden ser válidas na fala, mais non substitúen a forma estándar na escrita formal. *ilel
*pantaloispantalóns
*colliucolleu
*fixéstedesfixestes
*irmaoirmán
Falsas evolucións e inventos Formas artificiais creadas por aplicación indebida de regras fonéticas antigas ou por invención. *segredariosecretario
*cheúraenchente
*nordenorte
Castelanismos Interferencias tomadas ou adaptadas do castelán. Poden ser léxicas, morfolóxicas ou sintácticas. *escobavasoira
*conexocoello
*iglesiaigrexa
*a narizo nariz
Mecanismos frecuentes nos vulgarismos
Mecanismo Descrición Exemplos
Prótese Engádese un son ao comezo da palabra. *amotomoto
*arradioradio
Epéntese Engádese un son no interior da palabra. *antronteantonte
*estabelecerestablecer
Paragoxe Engádese un son ao final da palabra. *maremar
*comerecomer
Aférese Suprímese un son ao comezo da palabra. *nimigoinimigo
*lamedaalameda
Síncope Suprímese un son no interior da palabra. *moitismomoitísimo
*difrentediferente
*vranverán
Apócope Suprímese un son ao final da palabra. *verdáverdade
*paréparede
*clasclase
Alteración de vogal átona Modifícase unha vogal non tónica. *marmurarmurmurar
*históreahistoria
*páledopálido
Metátese e rotacismo Altérase a orde dos sons ou substitúese unha consoante por outra. *probepobre
*derdedesde
*lermalesma
Desviacións: resumo con exemplos
Exercicio Obxectivo Exemplos que cómpre corrixir
1. Arcaísmos Detectar formas antigas non normativas e substituílas polas actuais. coñosco, rescibir, nascera, tiduo, estoria, testemoia, favoresceuno.
2. Hipergaleguismos Recoñecer formas creadas artificialmente por diferencialismo. sinceiro, inconvinte, oficiña, server, sentemento, humáns, diviña.
3. Vulgarismos Corrixir formas populares ou de fala pouco coidada non válidas na escrita estándar. ademiraban, mullere, ceio, soios, corazonhe, vran, mare, moitismo, espranza, probeza, amoto.
4. Lusismos Substituír formas tomadas innecesariamente do portugués polas galegas normativas. ninhún, povo, isolado, propria, luta, meio, ponto, viver.
5. Castelanismos Detectar interferencias léxicas, morfolóxicas e sintácticas procedentes do castelán. conexo, escopeta, a nariz, cañón, quenes, vergonza, calquer, axeno, paisaxe, cuios, esos, sin, podría, estos.
6. Dialectalismos Distinguir formas dialectais aceptables na fala das formas propias da escrita estándar. rapasa, camín, mui, chao, irmao, presio, lus, narises, paresían, foches, i, eiquí, úa.

Vocabulario por temas

A alimentación (carne, peixes, vexetais e léxico culinario)

A alimentación — carne, vexetais, peixes, mariscos e léxico culinario
Carne
PorcoVitela / tenreiraAvesOutras carnes
  • raxo
  • zorza
  • lacón
  • xamón
  • febra, magro
  • lardo, touciño
  • bandullo
  • unto
  • chourizo
  • óso da soá
  • cachola = cacheira
  • fociño
  • rabo
  • uñas
  • orella
  • roxóns
  • agulla / faldra
  • xarrete
  • costeleta
  • lombo
  • solombo
  • riles
  • callos
  • fígado
  • polo
  • paspallás
  • perdiz
  • parrulo, pato
  • moella
  • ás / ovo
  • peituga
  • zanco, coxa
  • coello
  • leitón = bacoriño
  • xabaril
  • cabrito
  • carneiro
  • cordeiro, año
Vexetais
De follaTubérculosLegumesOutras
  • acelga
  • nabiza – grelo
  • verza
  • repolo
  • espinaca
  • leituga / agrón
  • pataca
  • remolacha
  • ravo
  • cenoria
  • nabo
  • chícharo, ervella
  • tirabeque (vaíña)
  • faba (semente)
  • feixón (vaíña)
  • garavanzo
  • lentella
  • tomate
  • pemento
  • cebola
  • allo
  • porro
  • berenxena
  • cabaza / cabazo
  • cabaciña
  • cogombro
  • coliflor
  • brécol
Peixes e mariscos
PeixesOutros peixesMariscos: crustáceosMariscos: moluscos e outros
  • anguía
  • robaliza
  • rapante
  • lamprea
  • lura
  • xarda
  • ollomol
  • salmón
  • sardiña
  • troita
  • raia
  • polbo
  • xouba
  • rodaballo
  • bacallau
  • pescada
  • solla
  • xurelo
  • linguado
  • salmonete
  • bonito
  • castañeta
  • faneca
  • faneca brava
  • lorcho
  • pinto
  • quenlla
  • cangrexo
  • santiaguiño
  • boi
  • patexo
  • centola
  • lumbrigante
  • lagostino
  • lagosta
  • gambón
  • percebe
  • bugina
  • caramuxo
  • navalla
  • lapa
  • chopo
  • vieira
  • berberecho
  • zamburiña
  • peneira
  • mexillón
  • ostra
  • xiba
  • voandeira
  • ourizo
  • pota
Léxico culinario
Verbos: cociñarVerbos: preparaciónOutros verbosPartes e porcións
  • cocer
  • ferver
  • asar
  • grellar
  • fritir
  • dourar
  • rustrir
  • refogar
  • estufar
  • guisar
  • torrar
  • escalfar
  • adozar
  • flamexar
  • mesturar
  • remexer
  • engadir
  • empregar
  • mondar
  • estonar
  • planar
  • espebidar
  • salgar
  • desalgar
  • adobar
  • sazonar
  • retallar
  • esmiuzar
  • coar
  • espremer
  • afumar
  • desosar
  • encetar
  • engraxar
  • machucar
  • moer
  • rebozar
  • levedar
  • lamber
  • amolecer
  • arrefriar
  • xantar
  • cear
  • almorzar
  • apodrecer
  • derreter
  • tallada
  • filete
  • roda
  • toro
  • racha
  • lasca, lisca
  • laña, magra
  • febra
  • rebanda
  • fatía
  • faragulla
  • miolo
  • codia
  • mollo, prebe
  • vaíña, casula
  • posta, ración
  • grolo
  • lambetadas

Herbas aromáticas, especias e condimentos

Herbas aromáticas, especias e condimentos
Condimentos
  • azucre
  • comiño
  • romeu
  • cravo
  • fiúncho
  • hortelá
  • coandro
  • noz moscada
  • ourego
  • pemento
  • pementa
  • tomiño
  • macela
  • poexo

A saúde e as doenzas

A saúde e as doenzas
DoenzasObxectosAdxectivosOutras
  • acne
  • xarampón = sarampelo
  • varicela
  • rubéola
  • papeiras = orellóns
  • varíola
  • tifo
  • tuberculose = tise
  • cancro = cáncer
  • padiola
  • inxección
  • xiringa
  • xarope
  • pastilla = pílula
  • vacina
  • receita
  • medicina = menciña
  • veleno
  • xeso = escaiola
  • doente = malo/a
  • arrefriado/a
  • baldado/a = moi canso/a
  • mallado = esgotado
  • tolo = louco
  • coto = toco
  • pitoño / chosco
  • tatexo
  • tolleito / eivado
  • ciste / vulto
  • febre
  • tose
  • catarreira
  • vertixe
  • frieiras
  • maniotas
  • fungos
  • cansazo
  • croque
  • ampola = bocha
  • chaga
  • laña
  • mazadura
  • rabuñadura
  • escordadura
  • proído = comechón
  • cabaleiro
  • cambra

A casa

A casa
A cociña e moblesPartesPor fóraPor dentroConstruciónOutras / verbos / adxectivos
  • Cociña: lacenas, caixón/gabeta, mesado, vertedoiro, billa, cano, desaugadoiro
  • Mobles: cadeira de brazos, sofá, espello, cadros, estante = andel, floreiro, lámpada, colgadoiro
  • cuartos
  • corredor
  • vestíbulo
  • cociña
  • sala / salón
  • dormitorio
  • cuarto de baño
  • faiado
  • estudio
  • rocho
  • lavadoiro / trandeira
  • andar = planta
  • baixo = planta baixa
  • sobrado
  • soto
  • adega = bodega
  • cuberta, tellado
  • beiril = beirado
  • canlón
  • cornixa
  • cheminea
  • cataventos
  • caixa do correo
  • fachada
  • vidreira
  • bufarda
  • balcón
  • varanda
  • galería
  • soportal
  • alboio = alpendre
  • valo / valado
  • cancela
  • ascensor
  • escaleira
  • chanzo = banzo
  • ventá = fiestra
  • peitoril
  • porta
  • soleira / limiar
  • lintel
  • chamador / mira
  • piso
  • parede
  • teito
  • zócolo = rodapé
  • alicerces
  • trabe
  • piar
  • pedra
  • ladrillo = tixolo
  • lousa
  • tella
  • cemento
  • formigón
  • area
  • madeira
  • ferro
  • aluminio
  • aceiro
  • verniz
  • vidro
  • Outras: piso, estudio, ático, chalé acaroado; alugamento / alugueiro; desafiuzamento
  • Verbos: alugar = arrendar, (des)aparafusar, arranxar = amañar ≠ estragar = avariar, derrubar, desafiuzar, petar = chamar, prender = acender, vernizar
  • Adxectivos: solleiro ≠ sombrizo = avesío, amplo = espazoso, chan - chá

A familia e as etapas da vida

A familia e as etapas da vida
ParentescoRelacións e estado civilIdades / trazosVerbos
  • pai - nai
  • avó - avoa
  • bisavó - bisavoa
  • tataravó - tataravoa
  • fillo - filla
  • neto - neta
  • bisneto - bisneta
  • tataraneto - tataraneta
  • irmán - irmá
  • medio irmán - media irmá
  • xemelgo - xemelga
  • tío - tía
  • sobriño - sobriña
  • curmán - curmá
  • primo - prima
  • sogro - sogra
  • xenro - nora
  • padriño - madriña
  • padrasto - madrasta
  • afillado - afillada
  • fillastro - fillastra
  • cuñado - cuñada
  • compadre - comadre
  • consogro - consogra
  • home - muller = dona
  • esposo - esposa
  • mozo - moza
  • noivo - noiva
  • cónxuxe / parella
  • voda = casamento
  • casado/a ≠ solteiro/a
  • separado/a / divorciado/a
  • viúvo/a / casadeiro/a
  • amigado/a = arrimado/a
  • fillo de achego / de detrás do palleiro
  • vinculeiro/a = morgado/a
  • mellora - mellorado/a
  • herdeiro
  • orfo/a
  • titor/ora
  • solteirón/ona
  • neno/a = rapaz/a = meniño/a = cativo/a
  • vello/a = ancián/á
  • mullereiro
  • anenado/a
  • avellado/a
  • vedraño
  • rufo/a = farruco/a
  • namoradeiro/a
  • porfillar = adoptar
  • aleitar = dar de mamar
  • apadriñar
  • apelidarse
  • casar
  • amigarse
  • inimizarse
  • mocear
  • atuar
  • convidar
  • anovar = rexuvenecer
  • avellar = envellecer
  • enviuvar
  • enloitarse
  • asemellarse = imitarse
  • morrer, finar, falecer
  • soterrar = enterrar
  • desherdar
  • testar

A cidade

A cidade
Campo léxicoTermos
Entidades de poboaciónLugar – aldea – parroquia (freguesía) – concello – vila – cidade; bisbarra (comarca) – aforas (arrabaldes) – contorna
Vías de comunicaciónCarreiro – verea/sendeiro – carroucho – camiño – atallo; estrada – autoestrada – autovía; beirarrúa – beiravía – gabia (cuneta); ponte – cruzamento – redonda (rotonda)
Lugares da cidadeAparcadoiro – cadea (cárcere) – canceira – cemiterio = camposanto – escola/colexio – miradoiro – porto ≠ peirao – museo – xulgado
Direcciónsá dereita ≠ á esquerda – todo recto/dereito – na esquina
Na cidadeAvenida – rúa – ruela – canella = canellón – praza – praciña – paso de peóns – corredoira – rueiro (quinteiro); colector – boca de rega – focha = fochanca – guindastre – marquesiña – valo publicitario – rede de sumidoiros
Edificios e construciónsRañaceos – pavillón – pazo (palacio) – castelo – casa do concello – ermida – capela – igrexa – colexiata – catedral – bispado – mosteiro
Verbos e adxectivospercorrer, ruar, sinalar, telefonar, trasladar(se); concorrido, peonil, urbano/a, afastado/a ≠ próximo = achegado

Os transportes

Os transportes
Automóbil / bicicleta / trenAviónBarcoOutrasVerbos
  • Automóbil: aparcadoiro ≠ aparcamento, asento, bucina = buguina, chofer = condutor, cinto, eixe, freo, panca, volante
  • Bicicleta: sela/asento, cadea, gardalamas, guiador, pina, pneumático
  • Tren: plataforma, portelo
  • á = ala
  • aterraxe ≠ engalaxe
  • planador
  • foguete
  • cepelín
  • áncora
  • ancoradoiro
  • boia
  • contramestre
  • estaleiro
  • flotador
  • temón = leme
  • mastro
  • ronsel
  • zapón
  • acoirazado
  • baleeiro
  • bou
  • crebaxeos
  • chalana
  • dorna
  • gamela
  • iate
  • planadoira
  • traiñeira
  • telecadeira
  • telesquí
  • velocípede
  • zorra
  • afundir(se)
  • aluar
  • ancorar = fondear
  • carretar (-exar)
  • arrincar
  • aterrar ≠ engalar
  • atropelar
  • envorcar
  • esvarar = escorregar
  • planar
  • recuar = cear
  • remar = vogar
  • xirar = virar

A vestimenta

A vestimenta = o vestiario
Pezas e lenzaríaComplementosPartes e outrasCalzadoTecidos / costura / xoias
  • Pezas: blusa = chambra, camisa, xersei/chaleco, chaqueta/chaquetón, chuvasqueiro, suadoiro, pantalóns/vaqueiros, saia/minisaia, abrigo = sobretodo, gardapó, zamarra ≠ pelica, cazadora/anorak
  • Lenzaría: muda, camiseta, bragas, sostén = suxeitador, xustillo, faixa, biso, calzóns/cirolas, calcetín = peúgo, medias, pixama
  • chapeu = sombreiro
  • pucha = boina
  • pucho = gorro
  • pano da cabeza
  • touca / veo
  • perruca
  • fular / chal / mantón
  • cinta = fita
  • bufanda = tapabocas
  • pano da man
  • gravata / gravata de lazo
  • mandil = mantelo
  • cinto / fibela
  • luvas
  • bolso = bulso
  • perifol
  • abano
  • lentes / lentes de contacto
  • paraugas
  • parasol = antuca
  • caxato
  • cigarreira
  • moedeiro
  • chisqueiro = acendedor
  • Partes: carapucha, lapela, colo, pulsos, peto, cremalleira, ombreiras, cobadeiras, xeonlleiras, retallo = retrinco, farrapo
  • Outras: cueiro, anteface, engurra, talle, tintura, manequín, enxoval, bogada = coada, deseñador/a, modisto/a, costureira/xastre
  • zapato
  • bota
  • catiúsca
  • botina
  • sandalia
  • tenis
  • zapatillas
  • zoco = chanca
  • zoca = zamanco
  • soleta
  • amalló = cordón
  • biqueira = punteira
  • cana
  • sola
  • tacón = taco
  • Tecidos: algodón, coiro, felpa/feltro, fío/nobelo, la, liño, nailon/poliéster, pana, peluxe, tafetá/tule, veludo
  • Costura: agulla/alfinete, tesoira, alferga = dedal, mendo, ganduxo, basta = dobra, botón/ollal, floco, puntilla = renda
  • Xoias: colar/doa, abelorio, cadea, pendentes, anel = sortella, pulseira, reloxo

Informática

Informática
AcciónsInterface e ficheirosRede e comunicaciónEdición e táboasHardware / outros
  • premer
  • formatar
  • inserir
  • garantir
  • despregar
  • gravar
  • achegar
  • converter
  • rastrexar
  • lapela
  • xanela (ventá)
  • arquivo
  • cartafol
  • devasa
  • controladores
  • atallo
  • reloxo
  • icona
  • ancoraxe
  • contorno/a
  • rede sen fíos
  • banda larga
  • fornecedor, provedor
  • chío - rechouchío
  • taboleiro (muro)
  • cancelo
  • enderezo electrónico
  • caixa de correo
  • correo lixo
  • contrasinal
  • alcume
  • internet
  • ligazón
  • busca
  • en liña
  • quebra de páxina
  • táboa
  • cela
  • bordo
  • cadro, casa, oco
  • marxe
  • frecha
  • xigabyte
  • enderezo IP
  • portelo único
  • rato
  • caravillas
  • parafusos
  • tenaces
  • zunido
  • fenda

O tempo atmosférico

O tempo atmosférico
Auga líquidaAuga sólidaAuga gasosaVento, sol e fríoOutros fenómenosAdxectivos / verbos
  • chuvia (choiva)
  • pinga = gota
  • pingueira = goteira
  • bátega = ballón
  • diluvio / dioivo / arroiada
  • enchente / chea ≠ estiaxe
  • chuvisca / poalla / orballo
  • resío = orballo
  • relento / serán / lentura
  • escampada = estiñada
  • seca = secura
  • neve
  • nevada = nevarada
  • fole(r)pa = farrapo
  • alude
  • xeada / carazo
  • sarabia = pedrazo = pedra
  • sarabiar
  • carambelo
  • lazo
  • néboa / brétema
  • neboeiro / neboeira
  • mera
  • calixe = calixeiro
  • nube
  • nubeiro
  • aire (ar)
  • refacho / refoleo / ventada
  • brisa / airexa
  • vendaval
  • furacán / ciclón / tifón
  • ávrego
  • viruxe
  • friaxe
  • raio / raiola
  • raza / raiola / raxeira
  • raxeira / solleiro
  • bochorno / fogaxe
  • onda = vaga
  • preamar ≠ baixamar
  • abalar ≠ devalar
  • marusía
  • mar forte / picado / rizado
  • mar de fondo
  • mar desfeito
  • mar alto
  • mar bravo
  • tormenta / treboada / trono
  • alustro / lóstrego / relampo
  • alustrar / lostregar / relampar
  • arco da vella / iris
  • corisco
  • xistra / cifra
  • roibén / rubién
  • atmosfera
  • Adxectivos: morno/a, tépedo/a, caloroso/a, sufocante, poeirento/a, solleiro/a = sollío/a, sombrizo/a = avesío/a, chuvioso/a, chuviñoso/a, nubrado/a = toldado/a = cuberto, bretemoso/a = neboento/a, lamacento/a, ventoso/a
  • Verbos: chuviscar, poallar, orballar, chover, arroiar, pingar, escampar = estiñar, xear, nevar, neviscar, sarabiar, tronar, (a)nubrar = toldar, desanubrar = clarexar = clarear, ventar, soprar, zoar, arrefriar = arrefecer = refrescar

A paisaxe natural

A paisaxe natural
Accidentes xeográficosO marO ríoTipos de terreo e pedrasAdxectivos / verbos
  • monte / montaña
  • cordal = cordilleira
  • devasa
  • foz
  • val / valgada
  • cume = curota
  • aba = ladeira
  • chaira = planicie
  • meseta
  • cavorco / barranco
  • burato
  • foxo
  • illa / illote
  • arquipélago ≠ atol
  • praia = areal
  • cantil = acantilado
  • con = farallón
  • coído / furna
  • golfo / badía (baía) / rada (enseada)
  • esteiro = estuario
  • porto ≠ peirao
  • beiramar = mariña
  • ronsel
  • lago / lagoa
  • regato ≠ regueiro
  • presa / encoro
  • catarata
  • fervenza = cachón
  • insua
  • foz
  • leito
  • Tipos: fraga, devesa, braña, pradería, seara, gándara, veiga, poula / bouza
  • Pedras: callao = seixo = pelouro = canto; pena = rocha; laxe = lousa = lastra; penedo / penedía
  • Adxectivos: chan/chá, esgrevio/a = escarpado/a, solleiro/a, sombrizo/a = avesío/a, mesto/a, montesío/a, poeirento/a, augacento/a, costento/a, areento/a, arxiloso/a
  • Verbos: afundir, asolagar, fumegar, sucar, zumegar, aboiar = flotar, abrochar = abrollar, recoller = apañar, xermolar = agrelar

Os deportes

Os deportes
XogosXenéricasFútbolOutros deportes
  • baralla
  • xadrez
  • parchís
  • xogo da oca
  • gobelete
  • bambán / randeeira
  • buxaina
  • chave
  • crebacabezas
  • ás agachadas
  • mariola / truco
  • papaventos
  • patíns
  • pita cega
  • ra
  • tiracroios
  • recortables
  • boneca
  • billarda
  • birlos
  • axóuxere
  • chifre / asubio
  • as bólas
  • a corda
  • Olimpíadas
  • campión/campioa
  • pavillón
  • quenda
  • campionato
  • esgotamento
  • maniotas
  • gañar
  • gañador
  • vitoria
  • vitorioso
  • saltar / choutar
  • portería
  • traveseiro
  • pau, poste
  • porteiro
  • xuíz de liña
  • adestrador
  • afeccionado/a, seareiro/a
  • xogador
  • bancada
  • banco
  • valo publicitario
  • valo protector
  • céspede
  • padiola
  • padioleiro
  • fichaxe
  • aliñación
  • troco
  • quecemento
  • vestiario
  • xute, xutar
  • punteirolo
  • pelotada
  • caneo, canear
  • cambadela
  • saque do canto
  • partido amigable
  • regra
  • regulamento
  • amoestación
  • cartón vermello
  • cartón amarelo
  • bandeirola
  • pantalón curto / calzóns
  • camiseta / camisola
  • suadoiro
  • xeonlleiras
  • caneleiras
  • protectores
  • luvas
  • Baloncesto: canastra, tripla, taboleiro, rede
  • Ciclismo: guiador, sela, roda, raio, pneumático, pina, prato/catarina, freos, cadea, contrarreloxo
  • Ximnasia: aparellos, aros/argolas, cabalo, poldro, plinto, espaleira, pincha(carneiro), reviravolta
  • Atletismo: salto de altura, lonxitude, pértega, carreira de valos, carreira de remudas, testemuño, lanzamentos de disco/peso/martelo/xavelina
  • Natación: podio, liña de boias, pista, bolboreta, braza/peito, costas, submarinismo, mergullo, mergullador
  • Esquí: telecadeira, telesquí, zorra, zorra polar, slálom
  • Alpinismo: cordada, cornixa, creba, nó
  • Outros: balonmán, voleibol, hóckey, wáter-polo, béisbol, rugby, crícket, tenis, bádminton, pimpón, golf, esgrima, judo, karate, loita, boxeo, tríatlon, patinaxe

Medios de comunicación

Medios de comunicación
Persoas / textosPrensa e audiovisualVerbos
  • xornalista
  • correspondente
  • voceiro
  • cadro de persoal
  • regulamento
  • noticia, nova
  • artigo
  • limiar, prólogo
  • enquisa
  • estatística
  • xornal, periódico
  • tiraxe
  • borrancho
  • prelo, prensa
  • abonamento = abono
  • altofalante
  • canle
  • dobraxe
  • encadramento
  • cota
  • estrea
  • escena
  • gravación
  • película, filme
  • volume
  • emendar = corrixir
  • saír do prelo = publicar
  • substituír = reemprazar
  • abonar(se)
  • elixir
  • esgotar(se)
  • riscar
  • estrear
  • encadrar
  • subliñar
  • sinalar
  • salientar

Economía, comercio, oficios e profesións

Economía, comercio, oficios e profesións
Economía e comercioOficios e profesións
  • aboar ≠ abonar
  • aboamento ≠ abono
  • acredor/a
  • aforrar – aforrador/a
  • desbaldir, malgastar, dilapidar
  • desbaldidor/a, malgastador/a
  • albará
  • bolsista
  • cesamento
  • cobramento ≠ pagamento
  • conta
  • cota
  • creba = quebra
  • custo – custar
  • danos e perdas
  • débeda – debedor/a
  • empréstito = préstamo
  • finanza – financeiro/a
  • financiamento
  • franquía
  • garantía – garantir
  • gravame
  • investir – investidor/a
  • investimento
  • IVE
  • non pago
  • orzar – orzamento
  • pagábel = pagadoiro/a
  • peñor = prenda
  • por xunto ≠ polo miúdo
  • poxa – poxar
  • prazo – aprazar
  • prezo
  • prover – provedor/a
  • recadar – recadador/a
  • recadación
  • render – renda – rendible
  • risco – arriscar
  • subministrar
  • subministración
  • taxa – taxar – taxación
  • visto e prace
  • xuros de mora
  • xustificante de pagamento
  • obriga de pagamento
  • xustificante de recepción
  • estar no paro = desempregado
  • empregado/a
  • folga
  • crebafolgas
  • piquete
  • soldo = salario = soldada
  • xornal
  • xeira
  • quenda
  • despedimento
  • pagamento
  • cesamento

Educación

Educación
AcciónsAvaliación e ensinoPersoas e períodosMaterial e aula
  • estudar (estudo)
  • aprender (aprendizaxe)
  • resumir (resumo)
  • subliñar (subliñado)
  • aboar (aboamento)
  • latar = copar = colgar = facer a gata
  • ensinar (ensino) – aprender
  • avaliar (avaliación)
  • cualificar (cualificación)
  • examinar (exame)
  • corrixir (corrección)
  • riscar (risco – riscadela)
  • validar (validación)
  • mestre – mestra
  • mestrado
  • estudante – estudantado
  • alumna/o – alumnado
  • bolsa – bolseiro
  • titor / titoría
  • cuadrimestre / cuadrimestral
  • materia = disciplina
  • lapis – afialapis
  • caderno – a marxe
  • cartafol
  • encerado
  • apuntamentos
  • listaxe = lista
  • taxa

Descrición persoal: características e calidades

Características e calidades
agradecido/afesteiro/a – trouleiro/apillo / pillabán
alegre – ledo/a – contento/afeliz ≠ infelizpousón / pachorrento
alporizado/afesteiro/apreguiceiro/a
animado/afolgazán/ana – lacazán/anapreocupado/a
apático/ahabelencioso/a – mañoso/apresumido/a – vaidoso/a
apesarado/ainquieto/a – inquedo/aprudente
asisado / asentado / cabalintelixente – listo/arabudo/a
atrevido / ousadolarpeiro/a – lambisqueiro/arancoroso/a
arrepiado/amalo/a – cativo/a – ruínrigoroso/a
arroutado/a(ben) mandado/a – (ben) guiado/ariseiro/a
barulleiro/amecoso/a – mequeiro/asereno/a
bulebule – fervellasverzasmedorento/a – medroso/asociable – aberto/a – dado/a
cariñoso/a – agarimoso/amentirán/ana – mentireiro/atestán/ana – teimudo/a
caprichoso/amesquiño/atoleirán/ana – aloucado/a
chorón/ona – lambón/onamorriñento/atolo/a
comellón/ona – lambón/onanervioso/atraballador/a
desgustado/anugallán/á – truán/átraste – traveso/a – trasno
durmiñón/onaobedientetriste
encantado/aoptimista ≠ pesimistavalente – valoroso/a
enfastiado/aparoleiro/a – faladeiro/avergonzoso/a – vergoñoso/a
envexoso/apacientexeneroso/a
espelido/a – esperto/apailán/pailanaxusto/a
fachendoso/a – orgulloso/aparvo/azoupón/ana – torpe

Relixión, festas e ritos

Relixión, festas e ritos
Ámbito Subgrupo Vocabulario
A familia e as etapas da vida Parentesco pai - nai; avó - avoa; bisavó - bisavoa; tataravó - tataravoa; fillo - filla; neto - neta; bisneto - bisneta; tataraneto - tataraneta; tío - tía; sobriño - sobriña; irmán - irmá; medio irmán - media irmá; xemelgo - xemelga; curmán - curmá; primo - prima.
Familia política e relacións sogro - sogra; xenro - nora; cuñado - cuñada; padriño - madriña; afillado - afillada; padrasto - madrasta; fillastro - fillastra; compadre - comadre; consogro - consogra; fillo de achego / de detrás do palleiro.
Parella e estado civil home - muller = dona; esposo - esposa; mozo - moza; noivo - noiva; cónxuxe / parella; voda = casamento; casado/a ≠ solteiro/a; separado/a / divorciado/a; viúvo/a / casadeiro/a; amigado/a = arrimado/a; solteirón/ona.
Etapas, condicións e calidades vinculeiro/a = morgado/a; mellora - mellorado/a; herdeiro; orfo/a; titor/a; neno/a = rapaz/a = meniño/a = cativo/a; vello/a = ancián/á; mullereiro; anenado/a; avellado/a; vedraño; rufo/a = farruco/a; namoradeiro/a.
Verbos porfillar = adoptar; aleitar = dar de mamar; apadriñar; apelidarse; amigarse; inimizarse; mocear; atuar; anovar = rexuvenecer; avellar = envellecer; enviuvar; asemellarse = imitarse; desherdar; testar; facer as partillas.
A relixión Cargos e persoas frade = freire / freira; monxe/a; abade - abadesa; cura = crego; párroco = abade; capelán; reitor; vigairo; cóengo; bispo; arcebispo; cardeal; diácono; acólito; sancristán/á.
Lugares igrexa; adro; ermida; colexiata; catedral; capela; reitoría; vigairía; cabido; bispado = diocese; arcebispado = arquidiocese; cardealado; mosteiro; ábsida; cruceiro.
Conceptos, ritos e obxectos Nosopai; ladaíña; anxo - arcanxo; deus / deusa; demo = diaño = diabro; apóstolo; asemblea; conclave; catequese = catecismo; cerimonia; excomuñón; bautizo; primeira comuñón; confirmación; cabodano; xénese; graza; milagre; xaxún; barrete; candea; candeeiro; candelabro; casula; crucifixo; icona; campá; campaíña; badalo; campanario = campanil.
Ritos de vida e de morte As vodas casamento = voda = casorio; noivo/a; convidado/a; agasallo = regalo; amoestación; torta nupcial; brinde; valse; enxoval; dote; vodas de ouro; vodas de prata; aneis; testemuña; xulgado.
A morte morte = falecemento, pasamento, defunción, óbito; morto = falecido, defunto, finado; morrer = falecer, finar, espichar; ataúde = cadaleito, caixa, féretro; sepultura = cova, tumba, buraca, burato; enterro; velorio; dó; loito; cinsas; coroa de flores; mortalla = sudario; sarcófago = sartego; cemiterio = camposanto; enterrador/a = sepultureiro/a.
Festas Festas do ano Aninovo; Reis; Candeloria; Entroido; enterro da sardiña; Coresma; Semana Santa; maios; San Xoán; vendima; Santos; magosto; matanza do porco; Noiteboa; Nadal; festa patronal; romaría; verbena; aniversario = día dos anos; santo = día onomástico.
Festas e atraccións cadeiras voadoras; carrusel = cabaliños; inchables; nora; grilanda; bandeirola; orquestra; pandeirada; muiñeira; pandereteiro/a; gaiteiro/a; tamborileiro/a; pregoeiro/a; polbeiro/a; romeiro/a; fogueteiro/a; fogos artificiais; foguetes; foliada = xolda; flocos de millo; améndoas garapiñadas; lambonada = larpeirada; terreiro = campo da festa.
Adxectivos e verbos Adxectivos cristián/á; musulmán/á; ermitán/á; fregués/esa; alegre = ledo/a; algareiro/a; antigo/a; cerimonioso/a; enloitado/a; lutuoso/a; necrolóxico/a; retranqueiro/a; rexoubeiro/a; trouleiro/a.
Verbos amoestar; agasallar; axeonllarse; bendicir; casar; compadecerse = condoerse; convidar = invitar; enterrar = soterrar; entroidar; pregar; persignarse; repicar = repenicar; troulear; vendimar; xaxuar; xogar = brincar.

Comunicación comercial

Na comunicación comercial e administrativa cómpre empregar un léxico preciso, especialmente cando falamos de pagamentos, facturación, contabilidade, crédito, impostos, vendas ou relacións laborais e empresariais.

Este apartado recolle algunhas formas frecuentes e outras que convén distinguir para evitar interferencias co castelán ou confusións entre palabras próximas. O léxico comercial require precisión. Para un uso correcto e natural do galego, cómpre preferir formas como aboar, aboamento, orzamento, pagamento, financiamento, investimento, prezo, custo, xuro, débeda, acredor, debedor, provedor, venda por xunto e venda polo miúdo. Tamén convén evitar castelanismos habituais como financiación, impago, pagaré, presuposto, plazo, precio ou venta.

Termos básicos
Termo Significado
albaráDocumento que acompaña as mercadorías cando son entregadas. Unha vez recibidas, adoita devolverse asinado para que se poida emitir a factura.
facturaDocumento que acredita legalmente unha operación de compravenda. Inclúe datos do vendedor, comprador, artigos, impostos, descontos, portes etc.
reciboXustificante de recepción dunha mercadoría ou do pagamento dunha cantidade.
xustificante de pagamentoDocumento que acredita que se realizou un pagamento.
orzamentoPrevisión de ingresos e gastos para unha actividade ou período determinado.
pagamentoAcción de pagar unha cantidade debida.
non pagoCantidade ou obriga que non foi pagada. Debe evitarse o castelanismo impago.
prazoTempo sinalado para cumprir unha obriga ou realizar un pagamento.
prezoValor dunha cousa expresado en diñeiro.
custoGasto derivado da produción dun ben ou da prestación dun servizo.
xuroCantidade que se paga ou se recibe polo uso dun diñeiro durante un tempo determinado.
taxaCantidade que se paga pola prestación dun servizo público ou administrativo.
impostoCantidade que os contribuíntes deben pagar obrigatoriamente ao Estado ou á Administración pública.
gravameCarga fiscal ou tributo imposto sobre unha actividade, ben ou patrimonio.
Contabilidade e situación económica
Termo Significado
activoConxunto de bens e dereitos dunha empresa.
pasivoConxunto de débedas e obrigas dunha empresa ou suxeito económico.
contaUnidade contable dividida en debe e haber.
debeParte dunha conta onde se anotan cargos ou débitos.
haberParte dunha conta onde se anotan aboamentos ou créditos.
cargarAnotar unha cantidade no debe dunha conta.
cargoApuntamento realizado no debe.
asentamento contableAnotación feita na contabilidade, sexa de cargo ou de aboamento.
perdaResultado negativo dunha operación ou actividade económica.
rendaBeneficio, utilidade ou cantidade que produce un ben ou investimento.
rendibleQue produce beneficio ou renda.
Crédito, débeda e financiamento
Termo Significado
créditoPréstamo concedido a unha persoa ou entidade. Non debe confundirse con creto, que significa ‘fama’ ou ‘boa reputación’.
débedaObriga de pagar ou reintegrar unha cantidade recibida previamente.
debedor/aPersoa ou entidade obrigada ao pagamento dunha débeda.
acredor/aPersoa ou entidade á que se lle debe pagar unha débeda ou cumprir unha obriga.
financiamentoObtención ou achega de recursos económicos para unha actividade, proxecto ou investimento. Debe evitarse financiación.
investimentoAplicación de diñeiro ou bens para obter beneficios futuros.
investirEmpregar diñeiro ou bens nunha actividade ou valor que poida producir rendemento.
hipotecaDereito de garantía sobre bens inmóbeis para asegurar o cumprimento dunha obriga.
peñorBen deixado en garantía dunha obriga.
leasingArrendamento financeiro con posibilidade de compra ao final do período contratado.
Documentos e operacións comerciais
Termo Significado
chequeDocumento bancario que permite dispoñer dos cartos depositados nunha conta.
letra de cambioDocumento polo que unha persoa ordena a outra que pague unha cantidade determinada a un terceiro.
libramentoOrde escrita de pagamento.
libranzaOrde de pagamento contra unha persoa que ten fondos dispoñíbeis; hoxe é unha fórmula pouco usada.
endosoTransmisión dun efecto comercial por parte do seu lexítimo posuidor.
remesaConxunto de mercadorías ou documentos que se remiten dunha vez.
obriga de pagamentoDocumento polo que alguén se compromete a pagar unha cantidade. Debe evitarse pagaré.
valeDocumento polo que o asinante contrae a obriga de pagar unha cantidade determinada.
Vendas, mercado e empresa
Termo Significado
ofertaBens, capitais ou servizos que se ofrecen no mercado.
demandaCantidade dun ben ou servizo que alguén solicita mercar por un prezo determinado.
vendaContrato polo cal se transfire unha cousa propia a outra persoa polo prezo pactado.
venda polo miúdoVenda directa ao cliente en pequenas cantidades.
venda por xuntoVenda en grandes cantidades.
cota de mercadoParticipación dunha empresa no mercado en que opera.
poxaVenda pública en que se adxudica un ben ao mellor ofertante.
quebraSituación en que unha persoa ou empresa non pode facer fronte ás súas débedas.
franquíaAutorización para fabricar ou vender produtos baixo determinadas condicións; tamén exención de certos pagamentos.
provedor/aPersoa ou empresa que fornece produtos ou servizos.
proverSubministrar ou facilitar o necesario para un fin.
Distincións importantes
Cómpre distinguir Explicación
aboar / abonarAboar significa ‘pagar’. Abonar significa ‘subscribirse’, por exemplo a unha publicación ou servizo.
aboamento / abonoAboamento é o pagamento. Abono é o efecto de subscribirse.
pagamento / cobramentoPagamento é a saída de diñeiro; cobramento ou cobro é a entrada de diñeiro.
investimento / financiamentoO investimento é a aplicación de recursos; o financiamento é a obtención ou achega deses recursos.
prezo / custoO prezo é o valor de venda; o custo é o gasto de produción ou prestación.
xuro / intereseEn galego comercial é preferíbel xuro para a cantidade que se paga ou cobra polo uso do diñeiro.
acredor / debedorO acredor ten dereito a cobrar; o debedor ten a obriga de pagar.
por xunto / polo miúdoPor xunto indica venda en grandes cantidades; polo miúdo, venda ao detalle.
Formas recomendadas
Forma que cómpre evitar Forma recomendada
abono co sentido de pagamentoaboamento
acreedoracredor
aduanaalfándega
albaránalbará
alienarallear
al por mayorpor xunto
al por menorpolo miúdo; ao detalle
alquilaralugar
alquileralugamento
calificacióncualificación
cupocota
coste, custecusto
deudadébeda
evaluaravaliar
fechadata
financiaciónfinanciamento
franquiciafranquía
garantizargarantir
invertirinvestir
inversióninvestimento
impagonon pago
membretecabeceira
pagopagamento
presupostoorzamento
pagaderopagadoiro
prendapeñor
plazoprazo
precioprezo
pagaréobriga de pagamento
plantillacadro de persoal
proveedorprovedor
quiebraquebra
recaudarrecadar
recibíxustificante de recepción; xustificante de pagamento
reglamento, regramentoregulamento
rentarenda
subsanarcorrixir; reparar
suministrarsubministrar
suministrosubministración
tasataxa
ventavenda
vía de apremiovía de constrinximento

Homonimia e polisemia

A homonimia dáse cando dúas ou máis palabras teñen a mesma forma —escríbense ou pronúncianse igual—, mais proceden de palabras distintas e teñen significados diferentes. Por exemplo, peto pode significar ‘caixa para esmolas’, ‘recipiente para aforrar’, ‘bolso’, ‘golpe’ ou ‘paxaro’.

A polisemia dáse cando unha mesma palabra desenvolve varios significados relacionados entre si. Por exemplo, canle pode referirse ao leito artificial polo que circula a auga ou, por extensión, a unha estación de radio ou televisión.

A diferenza principal é que na homonimia coinciden formalmente palabras distintas, mentres que na polisemia unha soa palabra amplía os seus significados.

Léxico: homonimia e polisemia
Palabra Acepcións
correspondenteQue garda relación; persoa que envía información a un xornal.
novaNoticia; estrela que de súpeto comeza a brillar moito e logo volve ao brillo inicial.
limiarPunto en que comeza algo; parte que introduce unha obra escrita; entrada.
xornalPaga dun día de traballo; periódico que se publica todos os días.
borranchoGarabato ou debuxo mal feito; mancha no papel por riscar algo escrito.
grallaAve paseriforme negra e gris; erro tipográfico.
canleLeito artificial construído para transportar auga; estación de radio ou televisión.
cotaLado oposto ao gume; parte proporcional que corresponde a cadaquén; armadura que cobre o corpo.
emendarSuprimir os erros dun escrito; corrixir o comportamento.
abrocharAbotoar; botaren gromos as plantas.
chopoXiba ou sepia; especie de álamo; cantidade de líquido que se toma dunha vez.
afamadoFamento; que ten fama ou sona.
cocoFroito da palmeira; figura coa que se asusta os nenos; verme ou becho pequeno.
colarTira que se pon no pescozo dos cans; xoia para levar no pescozo; pegar.
arrendarAlugar; arrimar terra ao pé dun cultivo.
corteResidencia real ou séquito; gume.
arreoAparello que se lles pon ás cabalarías; adubío ou indumentaria luxosa; sen parar.
engordeFeito e resultado de engordar; amodo, lentamente.
arrolarBambear ou bambearse; moverse dando voltas sobre si mesmo.
estadaEstadía; armazón provisional para reparar casas ou fachadas.
cabazoFroito das cucurbitáceas de forma alongada; hórreo.
feoCarente de beleza; herba seca e segada.
cachoConxunto de bagos sostidos no mesmo talo; porción de algo; cuberta dos crustáceos.
canelaCondimento; óso que forma a parte dianteira da perna.
serenoVixilante nocturno; sen alteración no ánimo.
cantoSeixo ou callao; extremidade ou lado de calquera cousa.
galaEnfeites e vestidos para unha ocasión especial; órgano de respiración acuática.
chocarTopar ou encontrarse con violencia; resultar algo estraño; incubar.
entornarCerrar os ollos a medias; dar a volta ou envorcar; botar fóra inclinando un recipiente.
lapaMolusco; chama; burato na terra no que se refuxian algúns animais.
mandoGoberno; cantidade de cousas que se poden levar dunha vez nos brazos.
trazaAspecto ou aparencia; insecto que roe a madeira.
raxoLombo do porco; brazo do porco.
testarFacer testamento; lindar ou estremar.
quenllaGabia para conducir a auga; lugar de paso entre montañas; peixe moi voraz.
petoCaixa das esmolas na igrexa; recipiente para aforrar diñeiro; bolso; golpe; paxaro.
puchoXato; peza de vestir que cobre a cabeza.
pararDeterse; mondar.
illarSeparar do resto; espazo situado entre as falsas costelas e a cadeira, illarga.
Ampliación: palabras con varios significados
Palabra Significados
cifraNúmero; vento frío, xistra.
liviánPulmón, usado en plural; leve, de pouco peso.
cearComer pola noite; recuar, ir para atrás.
loboAnimal; parte carnosa da orella.
esporaCélula reprodutora capaz de xerar vida sen fusión sexual; roda dentada para arrear o cabalo.
morriñaSoidade; sucidade ou cotra; chuvia miúda, orballo.
soloTerreo edificable; parte superficial da codia terrestre; interpretación musical en solitario.
xibaCefalópodo; chepa ou lomba.
resíoTerreo que rodea a casa; orballo.
sandíaParva, feminino de sandeu; froita.
moreaGran cantidade; peixe alongado con grandes dentes que vive nos fondos rochosos.
maiaCastaña seca e mondada; lingua e pobo de América Central.
brincoPendente en forma de aro; chouto ou chimpo.
xuízoAcción xudicial para resolver un asunto; siso ou capacidade mental para actuar razoablemente.
xuntaReunión; parella de bois ou vacas unidas polo xugo; ao lado de, como preposición.
lazoCordón de adorno no que se fixo unha lazada; capa de xeo formada sobre un líquido.
pisarPoñer o pé sobre algo; botar o piso.
penaMágoa ou dor; castigo; pedra de gran tamaño que sobresae da terra ou da auga.
sobradoParte superior e habitable da casa; piso de madeira ou sollado; con máis do necesario.
candongaMuller liberada sexualmente, con valor pexorativo; borracheira.
cabaleiroHome que vai a cabalo; dor muscular no pescozo.
roleiroFranxa de terreo sen cultivar arredor dunha leira; mar axitado con grandes ondas, mareira.
padrónRelación de habitantes; santo titular dunha igrexa; persoa máis vella da familia; patrón.
abanarDar aire co abano; facer oscilar unha cousa sen cambiala de lugar, abanear.
derramarEstragar ou deixar en mal estado unha cousa; botar por fóra un líquido.
xurroForte corrente de auga do mar; líquido que solta o esterco.